Linguas célticas
familia lingüística indoeuropea / From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia).
Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste do Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península da Bretaña. Actualmente fálanse en Europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o gaélico irlandés é oficial en Irlanda. O gaélico escocés e, máis ca ningún o galés posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o córnico e o manés están rexurdindo despois de se daren por extintos.