![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Lignin_structure.svg/langgl-640px-Lignin_structure.svg.png&w=640&q=50)
Lignina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lignina é un composto químico polimérico moi complexo obtido normalmente da madeira, e parte integral da parede celular secundaria das plantas [1] e algunhas algas.[2] A madeira pode entenderse quimicamente como formada por fibras de celulosa (e outros polisacáridos) embebidas nunha matriz de lignina. O termo lignina foi introducido en 1819 por de Candolle e procede da palabra latina lignum,[3] que significa madeira. É un dos polímeros orgánicos máis abundantes, só superado pola celulosa, e contén o 30% do carbono orgánico non fósil,[4] e constitúe dun cuarto a un terzo da masa seca da madeira. Como biopolímero, a lignina é rara debido á súa heteroxeneidade e falta dunha estrutura primaria definida. Non é un carbohidrato, a diferenza doutros compoñentes da parede celular. A súa función máis importante é dar sostén á planta ao fortalecer a madeira (xilema) das árbores, dándolles resistencia á compresión.[5][6][7]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Lignin_structure.svg/640px-Lignin_structure.svg.png)
Número CAS: 9005-53-2.
A produción industrial global de lignina illada é de arredor de 1,1 millóns de toneladas ao ano e utilízase en forma de lignosulfonato hidrosoluble como dispersante, aglutinante e adhesivo na construción, minaría, alimentación animal ou agricultura.[8]