polímero formado pola repetición de monosacáridos de glicosa From Wikipedia, the free encyclopedia
A celulosa é un polímero formado pola repetición de monosacáridos de glicosa. É unha molécula insoluble en auga, e é a biomolécula máis abundante que hai na Terra. Plantas, bacterias ou algas producen cada ano unha cantidade aproximada de cen mil millóns de toneladas de celulosa.
Celulosa[1] | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 9004-34-6 |
UNII | SMD1X3XO9M |
Número CE | 232-674-9 |
ChEMBL | CHEMBL1201676 |
Propiedades | |
Fórmula molecular | (C6H10O5)n |
Aspecto | po branco |
Densidade | 1.5 g/cm3 |
Punto de fusión | descompose |
Solubilidade en auga | ningunha |
Perigosidade | |
EU Index | non listado |
NFPA 704 | |
Compostos relacionados | |
Compostos relacionados | Amidón |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A celulosa forma cadeas lineais, formadas por monómeros de β-glicosa mediante enlaces β-1,4-O-glicosídico, que se unen unhas ás outras mediante pontes de hidróxeno. A unión de moitas cadeas forma feixes cilíndricos chamados microfibriñas de celulosa. As microfibriñas son moi resistentes, polo que teñen unha función estrutural, e estas atópanse na parede celular dos vexetais.
A celulosa é un compoñente estrutural nas plantas, xa que é unha molécula moi resistente. Tamén hai animais, como algúns microrganismos (fungos ou bacterias) ou ruminantes que teñen no seu organismo a enzima celulasa que é capaz de romper os enlaces da β-glicosa, e a celulosa sérvelles coma fonte de enerxía. Pero a celulosa non pode ser empregada polos seres humanos, xa que non temos os enzimas axeitados para poder romper os enlaces que presenta. Aínda así é imprescindible tomar algunha cantidade de celulosa xa que axuda no proceso do tránsito intestinal e como fonte de enerxía para as bacterias intestinais.
A celulosa obtense da madeira, algodón, liño, palla etc. Úsase para a fabricación de papel e variantes do papel, así como tamén para a fabricación dalgunhas substancias químicas como por exemplo explosivos).
Aínda que a celulosa é típica dos vexetais, hai excepcións entre os animais que poden producir celulosa, como é o caso dos tunicados mariños (por exemplo ascidias), que teñen unha túnica formada por celulosa, que nestes animais foi denominada historicamente tunicina.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.