From Wikipedia, the free encyclopedia
Lega Basket Serie A, oficialmente abreviada como LBA, coñecida por motivos de patrocinio como LBA UnipolSai, é a principal competición do baloncesto profesional italiano, onde os competidores enfróntanse para proclamarse o campión nacional. A tempada consiste nun almanaque de trinta partidos disputado a ida e volta, seguidos dunha serie eliminatoria na que se enfrontan os oito primeiros da fase regular. Os cuartos de final e semifinais son ao mellor de cinco partidos e a final ao de sete. Os dous últimos equipo clasificados na liga regular descenden á Serie A2 (segunda división).
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Italian Basketball Federation (en) |
Liga superior | Euroleague Basketball |
Liga inferior | Serie A2 Basket |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | Italia |
Vixencia | 1920 – |
Calendario da tempada | outubro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | legabasket.it |
Fundada en 1920, a Lega é unha das competicións domésticas de baloncesto máis importantes, xunto con ligas como a ACB, a VTB, a BSL, a BBL, a HEBA ou a ABA, o que a converte nunha das competicións deste deporte máis importantes a nivel mundial. Ademais da Serie A, as outras dúas grandes competicións do baloncesto italiano son a Coppa Italia e a Supercoppa Italia, que enfronta a principios de cada tempada ao campión da Liga e ao campión de Copa nunha final a partido único.
A primeira vez que se organizou unha liga nacional de baloncesto en Italia foi 1920, gañando o primeiro título foi gañado. Dende aquela, o equipo que máis "Scudetto" gañou foi o Olimpia Milano con vinte e oito. Até o momento dezasete equipos diferentes gañaron o campionato desde o seu inicio. Desde a década de 2000 anos a liga está a ser dominada por uns poucos equipos, principalmente o Pallacanestro Treviso (aínda que xa non compite no baloncesto profesional), Mens Sana Siena (actualmente na Serie A2 e o propio Olimpia Milano. Con todo, nos últimos anos apareceron dous novos campións o Dinamo Sassari e o Reyer Venezia (aínda que este equipo xa gañara dúas nos anos 1940).
Até a década de 2000, o campionato italiano era considerado a liga doméstica máis importante en Europa, sendo agora considerada unha das mellores xunto coa Liga ACB, a VTB United League, a Basketbol Süper Ligi, a Basketball Bundesliga ou a A1 Ethniki. Até a temporada 2007−08 participaban na liga dezaoito equipos. Porén, en setembro de 2008 dous clubs, o Basket Napoli (non relacionado co actual NSB Napoli, que se trasladou dende Rieti a Nápoles en 2008) e o Orlandina, foron relegados das competicións profesionais pola forza debido a irregularidades financeiras, non sendo substituídos para a tempada 2008-09. Así, na actualidade, compiten na Serie A dezaseis equipos.
Ao longo dos anos, o campionato da Serie A foi mudando o seu nome debido a diferentes acordos de patrocinio. A seguinte é unha lista das denominacións oficiais do compionato:
Period | Sponsor | Name |
---|---|---|
1993–1996 | Luxottica | Luxottica Cup |
1996–1998 | Polo | Polo Cup |
1998–1999 | Ford Puma | Trofeo Ford Puma |
1999–2000 | SportWeek | SportWeek Cup |
2000–2003 | Foxy | Foxy Cup |
2003–2009 | TIM | Serie A TIM |
2009–2012 | Agos Ducato | Agos Ducato Serie A |
2012–2016 | Beko | Serie A Beko |
2016 | Sen patrocinador | LBA |
2016–2019 | PosteMobile | Serie A PosteMobile |
2019–2020 | Sen patrocinador | LBA |
2020– | UnipolSai | LBA UnipolSai |
Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da LBA.
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.