Dinamo Sassari
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Polisportiva Dinamo, máis coñecido como Dinamo Sassari e por motivos de patrocinio chamado Banco di Sardegna Sassari, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Sassari, Sardeña. O Dinamo foi fundado en 1960 e, desde 2010, compite Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino. O seu maior éxito chegou no ano 2015 coa 2015 consecución do seu primeiro campionato de liga.
Dinamo Sassari | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Dinamo Basket Sassari |
Liga | LBA / BCL |
Alcume | Banco, Biancoblu, Giganti |
Fundación | 23 de abril de 1960 |
Cores | Azul, branco |
Presidente | Stefano Sardara |
Adestrador | Piero Bucchi |
Patrocinador | Banco di Sardegna |
Localización | |
Cidade | Sassari, Italia |
Pavillón | PalaSerradimigni |
Capacidade | 5 000 |
Inauguración | 1981 |
Campionatos | |
FIBA Europe Cup | 1 (2019) |
Liga Italia | 1 (2015) |
Copa Italia | 2 (2014, 2015) |
Supercopa | 2 (2014, 2019) |
dinamobasket.com |
Historia
O equipo foi fundado no ano 1960 por un grupo de estudantes da localidade, aínda que non foi até 1963 cando comezou a disputar competicións rexionais. En 1966 alcanza por fin a categoría nacional (Serie C) e en 1981 chega á Serie B. En 1989 accedeu á Serie A2, onde permaneceu até o ano 2000, cando volveu descender á Serie B. Na temporada regular 1994–95 da Serie A2 acadou o récord do club italiano que máis puntos anotou nun só partido sen prórrogas, ao vencer 158-91 ao Pallacanestro Pavia.[1]
Tras tres anos na terceira categoría do baloncesto italiano, regresou á A2. Tras estar moi preto de conseguir o ascenso á Serie A na tempada 2008-09 na que caeu derrotado no play-off final ante Vanoli Soresina por 3-1, a temporada seguinte conseguiu obter unha praza para poder participar por primeira vez na súa historia na máxima categoría do baloncesto italiano de cara á tempada 2010/11. No 2014 logrou a Copa de Italia e a Supercopa de Italia, pasando a competir na Euroliga. Na tempada 2014-15 continúa a progresión ao consagrouse campión da Liga ademais de gañar a súa segunda Copa.
Patrocinadores
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Banco di Sardegna Sassari (1992−2005)
- Banca Popolare Sassari (2005−2006)
- Banco di Sardegna Sassari (2006−2010)
- Dinamo Ford Sassari (2010−2011)
- Banco di Sardegna Sassari (2011−presente)
Xogadores
Destacados
Herbert Baker
Mauro Bonino
Federico Casarin
Christian Di Giuliomaria
Lino Lardo
Francesco Longobardi
Tiziano Lorenzon
Sergio Mastroianni
Emanuele Rotondo
Lobito Fernández
Miro Bilan
Sani Bečirovič
Matthew Alosa
Gerrod Abram
Floyd Allen
Scott Bamforth
George Banks
Ken Barlow
Steve Burtt
Dan Callahan
Lionel Chalmers
HL Coleman
Dallas Comegys
Damian Cantrell
Eddie Elisma
Tony Farmer
Anthony Frederick
Jonathan Haynes
Ethan Happ
Othello Hunter
Darius Johnson-Odom
Jarvis Lang
Arthur Lee
Gani Lawal
Thalamus McGhee
Kenny Miller
Jason Parker
Marshalle Phillips
Eddie Shannon
Tom Sheehey
Irving Thomas
Paul Thompson
Jarvis Varnado
David Young
Guillame Yango
Eimantas Bendžius
Christian Eyenga
Radisav Ćurčić
Palmarés
- Campións (1): 2019
- Campións (1): 2015
- Subampións (1): 2019
- Campións (2): 2014, 2015
- Subampións (1): 2017
Supercopa de Italia
- Campións (2): 2014, 2019
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.