Juan Fernández (baloncestista)

baloncestista arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia

Juan Fernández (baloncestista)

Juan Francisco Fernández, nado o 21 de novembro de 2002 en Santa Fe, é un xogador de baloncesto profesional internacional arxentino. Formado nas categorías inferiores do Club Atlético Unión e do Baloncesto Fuenlabrada, actualmente xoga para o Bàsquet Girona da Liga ACB. Cunha altura de 2,10 m, xoga na posición de pivote.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Juan Fernández
Thumb
(2023)
Biografía
Nacemento21 de novembro de 2002 (22 anos)
Santa Fe, Arxentina
Actividade
Ocupaciónbaloncestista
Deportebaloncesto
Posición de xogoAla-pivote e Pivote
Pechar

Traxectoria

Nado en Santa Fe, na Arxentina, Fernández formouse nas categorías inferiores do Club Atlético Unión, club da súa cidade natal.[2] En 2019 cruzou o Atlántico para unirse á canteira do Baloncesto Fuenlabrada, equipo co que debuta na Liga ACB o 14 de novembro de 2021 ante o Real Madrid no Polideportivo Fernando Martín. Tras dúas temporadas na máxima categoría co equipo castelán, após o descenso deste último o 15 de xullo de 2023 anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán da ACB.[3]

O 10 de xuño de 2024, anunciouse a súa fichaxe polo Bàsquet Girona da Liga ACB.[4]

Clubs

Ao longo da súa carreira, Fernández ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[1]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.