Pallacanestro Trieste
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pallacanestro Trieste 2004 é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Trieste, Friúl-Venecia Xulia. Fundado en 1975, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino. O seu maior éxito a nivel deportivo foron so cinco títulos de liga conseguidos durante as décadas de 1930 e 1940. O seu pavillón é o PalaTrieste, coñecido por motivos de patrocinio como Allianz Dome, un recinto con capacidade para 6 943 espectadores.
Pallacanestro Trieste | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA |
Fundación | 1975 |
Historia | Pallacanestro Trieste (1975–2004) |
Cores | Branco, vermello |
Presidente | Mario Ghiacci |
Adestrador | Franco Ciani |
Localización | |
Cidade | Trieste, Italia |
Pavillón | Allianz Dome |
Capacidade | 6 943 |
Inauguración | 1999 |
Campionatos | |
Liga | 5 (1930, 1932, 1934, 1940, 1941) |
Serie A2 | 1 (2018) |
pallacanestrotrieste.it |
O club ten as súas orixes na Società Ginnastica Triestina, un club polideportivo fundado en 1863.[1] Este non era o único equipo de baloncesto da cidade que competiu na Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, xa que tamén estiveron o Lega Nazionale Trieste (1949-1951), o San Giusto Trieste (1948-1949) e o Polizia Civile Trieste (1949-1950). Porén, si foi o máis existoso, pois na década dos anos 1930 e principios da década de 1940 conseguiu gañar cinco títulos nacionais.
En 1975 a sección de baloncesto é absorbida por unha nova sociedade nada como Pallacanestro Trieste, comezando a súa nova andaina na Serie A2, categoría na que se mantén até 1980, cando ascende á Serie A1. Desde entón xogou na máxima categoría entre 1982 e 1986, de 1990 a 1997, e de novo de 1999 a 2004, sendo o seu mellor resultado o terceiro posto conseguido en 1994. Ese mesmo ano o club conseguiu chegar á final da Copa Korać, onde perderon contra o PAOK Tesalónica (75-66 e 100-91).[2] Tamñen cómpre destacar que o ano seguinte o club conseguiu xogar tamén a final da Copa de Italia, onde perderon por 81−77 ante a Benetton Treviso. No 2004 o equipo vese relegado á Serie B1 por problemas económicos. Debido a isto, refúndase a sociedade, pasando a denominarse oficialmente Pallacanestro Trieste 2004. Tras competir en categoría infeariores, o club regresa á Segunda División en 2012. Seis anos despois, en 2018, o equipo consegue gañar o título de Serie A2 regresando á máxima categoría catorce anos despois.
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.