Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Reyer Venezia Mestre, actualmente coñecido como Umana Reyer Venezia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Venecia, Véneto. Fundado en 1872 como o club deportivo Società Sportiva Costantino Reyer, comezou a albergar un equipo de baloncesto en 1925. Os seus maiores éxitos son catro títulos de Liga, en 1942, 1943, 2017 e 2019, un de Copa, 2020, así como unha FIBA Europe Cup en 2017 e un subcampionato da Copa Korać en 1981. Actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.
Umana Reyer Venezia | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA |
Alcume | Reyer, Orogranata, Lagunari |
Fundación | 1872 |
Cores | Granate, ouro, branco |
Presidente | Federico Casarin |
Adestrador | Walter De Raffaele |
Patrocinador | Umana |
Localización | |
Cidade | Venecia, Italia |
Pavillón | Palasport Taliercio |
Capacidade | 3 509 |
Inauguración | 1978 |
Campionatos | |
Europe Cup | 1 (2018) |
Liga | 4 (1942, 1943, 2017, 2019) |
Copa | 1 (2020) |
reyer.it |
A Società Sportiva Costantino Reyer foi fundada en Venecia no ano 1872 polo profesor de ximnasia Peter Gallo. Durante os seus primeiros anos adicouse a diferentes deportes como o boxeo e o fútbol. A primeira aparición do baloncesto na sociedade data de 1907. É na década de 1940 cando acandan o seu apoxeo, consiguindo gañar o título de liga en 1942 e 1943.[1] O equipo manténese na Serie A durante moitos anos, até chegar aos anos 1970 e 1980, nos que se converte nun equipo ascensor. En 1981 consegue un dos seus maiores éxitos chegando á final Copa Korać, onde é derrotado polo Joventut Badalona por 104−105. Nos anos 1990 o equipo chega a descender incluso até a terceira división, volvendo á segunda en 2008 e regresando á elite 2011. Tras asentarse na máxima categoría de novo, o equipo chega ás semifinais de liga nas temporadas 2014–15 e 2015–16. Na temporada 2016−17 conseguen gañar a FIBA Europe Cup e título de Liga, o cal volven gañar dúas temporadas despois. En 2020 conseguen o seu primeiro título de Copa.
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
Temporada | Nivel | Liga | Pos. | Playoffs | Copa | Europa | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010–11 | 2 | LegaDue | 2 | Subcampión | – | – | ||
2011–12 | 1 | Serie A | 7 | Cuartofinalista | – | – | ||
2012–13 | 1 | Serie A | 8 | Cuartofinalista | – | – | ||
2013–14 | 1 | Serie A | 11 | – | – | – | ||
2014–15 | 1 | Serie A | 2 | Semifinalista | Cuartofinalista | – | ||
2015–16 | 1 | Serie A | 5 | Semifinalista | Cuartofinalista | Eurocup | ||
2016–17 | 1 | LBA | 2 | Campión | Cuartofinalista | Champions League | ||
2017–18 | 1 | LBA | 1 | Semifinalista | Cuartofinalista | Champions League | RS | |
FIBA Europe Cup | C | |||||||
2018–19 | 1 | LBA | 3 | Campión | Cuartofinalista | Champions League | ||
2019–20 | 1 | LBA | − | Campión | Eurocup | |||
2020–21 | 1 | LBA | 4 | Semifinalista | Semifinalista | Eurocup | ||
2021–22 | 1 | LBA | 5 | Semifinalista | Semifinalista | Eurocup |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.