O Scafati Basket, actualmente coñecido como Givova Scafati por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano con sede en Scafati, Campania. Fundado en 1969, o club xoga os seus partidos como local no PalaMangano, recinto con capacidade para 3 700 espectadores.[1] Após conseguiren o ascenso desde a Serie A2 na temporada 2021−22, o equipo compite na LBA, a máxima categoría do baloncesto transalpino.
Historia
Os comezos do baloncesto na cidade de Scafati remóntanse ao ano 1949, cando uns rapaces de Acción Católica fundaron o equipo Silvio Pellico, que na Serie C enfrontarase co outro equipo Scafati, o dos monárquicos, chamado Savoia. En 1955 os dúas clubs fusionáronse e deron a luz ao Scafatese Basket. En 1969 refúndase o club co nome de Centro Sportivo Scafatese. O punto de inflexión chegou nos anos noventa, cando o presidente, Aniello Longobardi, tomou as rendas do equipo. Entre 1994 e 1998, o Scafati Basket obtivo dous ascensos. O primeiro tivo lugar en 1995 cando o entón Credicoop Scafati, dirixido polo adestrador Ciracì e que contaba con xogadores como Alfonso Girota, Jurich, Giovanni Tramonti, Festinese, Pagano e Grimaldi chegou á serie B2. En 1998 o Credicoop após tres anos conseguiu un segundo ascenso, esta vez á Serie B de Excelencia, gañando 28 partidos de 32, baixo a dirección do adestrador Franco Gramenzi.
Na temporada 1999−2000 comezou un novo ciclo. A directiva reforzou tanto o equipo e asinou un contrato de patrocinio coa firma Ovito, que asociaba o seu nome ao do primeiro equipo (Ovito Scafati). O campionato rematou para Scafati na sexta posición, logrando clasificarse para o play-off co adestrador Massimo Mangano. Ovito Scafati gañou fóra da casa na primeira rolda do play-off ante un rival de prestixio como o Virtus Imola, pero logo Massimo Mangano sufriu un derramo cerebral e morreu poucos días despois. Mangano foi substituído polo seu segundo, Antonio Petillo, que conseguiu leva a Ovito Scafati á final do play-off ante o Baltur Cento. Despois da vitoria no xogo 1, chegou, porén, unha forte derrota no xogo 2, que levou aos dous equipos a disputar o ascenso no decisivo terceiro partido. O Ovito Scafati foi case sempre en desvantaxe, mais a un segundo do final unha tripla do lesionado Pierfilippo Rossi, levou aos dous equipos á prórroga. Na prórroga o Ovito Scafati consegue sa vitoria, aterrando na Serie A2, segunda categoría do baloncesto italiano.
Na temporada 2005−2006 o Eurorida Scafati logrou o ascenso á Serie A sen sequera pasar polo play-off. A tempada non comezou do mellor xeito, con dúas derrotas nos dous primeiros partidos ante o Rieti e o Imola, pero tras este incerto inicio o equipo recuperouse e mantivo case sempre o liderado da clasificación, conseguindo o ascenso á máxima categoría cunha xornada de antelación. Na temporada 2006−2007, o Scafati comeza a tempada co adestrador Aza Petrović e despois continúa con Teoman Alibegović. Nas filas de Legea Scafati hai xogadores do talle de Rick Apodaca, S. Smith, Anthony Carter, que foron a columna vertebral do equipo durante a tempada. A temporada rematou co club na décima posición, preto de clasificarse para o playoff. A seguinte temporada (2007-2008) tivo unha tendencia diferente que desembocou co descenso do club xunto co histórico Pallacanestro Varese.
Despois do descenso, o equipo comeza unha nova andaina no campionato da Legadue. Na temporada 2011−2012 o Givova Scafati chegou ao xogo 5 das semifinais, perdendo ao final contra o Pistoia. Na temporada 2012−13 o Scafati foi derrotado polo mesmo equipo, esta vez en cuartos de final. Tras a eliminación ante o Pistoia, o club comunica a súa renuncia a continuar na competición e intercambia a súa praza co Pallacanestro Trapani. Así, o Scafati comeza unha nova etapa na División Nacional B. Tras a cesión da súa praza, o equipo consegue regresar á Serie A2 para a temporada ano 2014−2015. Tras varias temporadas, na temporada 2021−2022 o club consegue xogar a final polo ascenso após ao Assigeco Piacenza nas semifinais polo ascenso. Na final teríanse que enfrontar ao histórico Pallacanestro Cantù, sendo esta eliminatoria decidida no quinto e definitivo encontro disputado en Scafati e coa vitoria do equipo local, que regresaría á máxima categoría despois de 14 anos.
Patrocinios
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Centro Sportivo Scafatese (1969−1995)
- Credicoop Scafati (1995–1999)
- Ovito Scafati (1999−2000)
- Longobardi Scafati (2000−2001)
- Rida Scafati (2001–2003)
- Eurorida Scafati (2003–2006)
- Legea Scafati (2006–2008)
- Harem Scafati (2008–2009)
- Bialetti Scafati (2009–2010)
- Sunrise Scafati (2010–2011)
- Givova Scafati (2011–presente)
Xogadores
Destacados
- Luigi Datome
- Vincenzo Esposito
- Nicolás Gianella
- Maximiliano Stanic
- Lucas Victoriano
- Rubén Wolkowyski
- Jason Smith
- Dimitri Lauwers
- Greg Newton
- Michael Andersen
- Lamont Barnes
- Michael Campbell
- Anthony Carter
- James Collins
- Randolph Childress
- Marcus Hatten
- Harold Jamison
- Linton Johnson
- Doron Lamb
- Josh Powell
- Jamal Robinson
- Curtis Staples
- Chandler Thompson
- Frankie Williams
- Darryl Wilson
- Steponas Babrauskas
- Nkechi Ezugwu
- Mike Lenzly
Adestradores
- Lillino Ciracì (1994−1997)
- Gianluca Tucci (1998−1999)
- Tony Trullo (1999)
- Massimo Mangano (1999−2000)
- Antonio Petillo (2000)
- Giovanni Gebbia (2000−2001)
- Marcello Perazzetti (2001)
- Virginio Bernardi (2001)
- Francesco Vitucci (2002−2003)
- Franco Marcelletti (2003−2004)
- Marcello Perazzetti (2004)
- Franco Gramenzi (2004−2005)
- Giorgio Valli (2005−2006)
- Aza Petrović (2006)
- Teoman Alibegović (2006−2007)
- Marco Calvani (2007−2008)
- Franco Gramenzi (2008−2009)
- Luigi Gresta (2009)
- Maurizio Bartocci (2009)
- Marco Calvani (2009−2010)
- Giulio Griccioli (2010−2012)
- Maurizio Bartocci (2012−2013)
- Domenico Sorgentone (2013−2014)
- Francesco Ponticiello (2014)
- Giovanni Putignano (2014−2015)
- Alessandro Finelli (2015)
- Giovanni Perdichizzi (2015−2016)
- Andrea Zanchi (2016)
- Zare Markovski (2016)
- Giovanni Perdichizzi (2016−2018)
- Marco Calvani (2018)
- Lino Lardo (2018−2019)
- Giulio Griccioli (2019)
- Giovanni Perdichizzi (2019−2020)
- Alessandro Finelli (2020−2021)
- Alessandro Rossi (2021−presente)
Palmarés
Copa da Legadue (2ª Categoría)
- Campións (1): 2006
Copa da LNP (2ª Categoría)
- Campións (1): 2016
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.