From Wikipedia, the free encyclopedia
O lago Kivu é un dos maiores lagos da África. Está situado na fronteira entre a República Democrática do Congo e Ruanda, na zona do Gran Val do Rift. O lago Kivu desauga no río Ruzizi, que segue para o sur e, á súa vez, desauga no Lago Tanganyika. O lago ficou coñecido como o lugar onde moitas das vítimas do xenocidio de Ruanda en 1994 foron tiradas.
Tipo | Lago meromítico (pt) lago | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Grandes Lagos Africanos | |||
Localización | ||||
País da cunca | Ruanda | |||
| ||||
Afluente | ||||
Efluente do lago | Río Ruzizi | |||
Características | ||||
Altitude | 1.463 m | |||
Profundidade | 485 m | |||
Dimensións | 48 () × 89 () km | |||
Superficie | 2.700 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 7.000 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 500.000 hm³ | |||
O primeiro europeo en visitar o lago foi o conde alemán Gustav Adolf von Götzen en 1894.
O lago Kivu é un dos tres lagos explosivos coñecidos, xunto ao lago Nyos e ao lago Monoun, no Camerún, os cales experimentan violentas erupcións. Unha análise da historia xeolóxica do lago Kivu indicou unha periódica extinción biolóxica masiva cada mil anos. Aínda que a composición química dos lagos explosivos é particular para cada caso, no lago Kivu detectouse metano e dióxido de carbono debido á interacción das súas augas cun volcán, o que podería causar unha catástrofe natural, ademais tendo en conta que aproximadamente dous millóns de persoas viven nas súas ribeiras.
Recentemente cóntase que o lago Kivu ten 55 millóns de metros cúbicos de gas metano disolto a unha profundidade de 300 metros. Agora, o goberno de Ruanda está destinando fondos para que un consorcio internacional extraia o gas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.