parte da boca en insectos e crustáceos From Wikipedia, the free encyclopedia
En zooloxía, o termo labro, derivado do latín labrum, 'labio', 'beizo', é unha estrutura poresente en diversos grupos de invertebrados, como en insectos, miriápodos e crustáceos, e nos extintos trilobites.
Nos insectos, miriápodos e crustáceos, o labro, tamén denominado labio superior, é un esclerito dorsal impar do aparato bucal que recobre as mandíbulas.
Trátase dunha dobra quitinosa que se proxecta na parte superior da cabeza, especialmente no clípeo, co que se une pola súa parte posterior mediante o chamado suco clípeo-labral, o que lle permite certa mobilidade, por enriba ou por siante da cavidade bucal, sobre as mandíbulas.[1]
Representa o teito da boca; na súa cara interna ou ventral localízase a epifarinxe, unha estrutura levemente esclerosada e provista de sedas sensoriais. A súa función é gustativa.
A forma primitiva do labro é ancha e aplanada, como nos ortópteros ou os coleópteros, pero nalgunhas ordes, como nos dípteros, está moi modificado.
Nos trilobites denomínase labro a unha proxección cuticular impar, media, da cabeza, situada no lado ventral, cubrindo por detrás a boca.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.