La sonnambula
From Wikipedia, the free encyclopedia
La sonnambula (en galego A somnámbula) é unha ópera semiseria con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani baseada nun guión para unha pantomima-ballet de Eugène Scribe e Jean-Pierre Aumer titulada La somnambule, ou L'arrivée d'un nouveau seigneur. Foi estreada no Teatro Carcano de Milán o 6 de marzo de 1831.
Cartel de La sonnambula de 1835 con María Malibrán. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | E. Scribe e J. P. Aumer: La sonannbule ou L'arrivée d'un noveau seigneur (ballet) |
Estrea | 6 de marzo de 1831 |
Teatro da estrea | Teatro Carcano |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 3 horas[1] |
Música | |
Compositor | Vincenzo Bellini |
Localización da partitura | Arquivo Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Amina (soprano lírica ou lixeira) |
É unha das tres óperas máis coñecidas e representadas de Bellini, xunto con Norma e I puritani. É considerada un dos cumios do bel canto romántico italiano. Entre as óperas máis coñecidas do século XIX e modelo do xénero pastoral, esta ópera proporcionou un vehículo de lucimento para sopranos, entre as que salientan Giuditta Pasta (quen representou a Amina na estrea), ata Jenny Lind, Maria Callas e Joan Sutherland entre outras cantantes. Salientan as escenas de Care compagne (Queridos compañeiros), na que Amina expresou a súa felicidade, o seu primeiro encontro con Elvino e, sobre todo, a escena do somnambulismo Ah! non credea mirarti (Ah, non cría mirarte).[3]