![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/Kopp-op5-1.png/640px-Kopp-op5-1.png&w=640&q=50)
Partitura
documento coa transcrición dunha obra musical / From Wikipedia, the free encyclopedia
Partitura é un documento manuscrito ou impreso que indica como debe interpretarse unha composición musical, mediante unha linguaxe propia formado por signos musicais e chamado sistema de notación.[1][2] Como os seus análogos os libros, os folletos, etc., o medio da partitura xeralmente é o papel ou, en épocas anteriores, o pergamiño. Aínda que o acceso á notación musical nos últimos anos inclúe tamén a presentación en pantallas de ordenador.
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/Kopp-op5-1.png/640px-Kopp-op5-1.png)
En música orquestral, denomínase partitura ao documento que utiliza exclusivamente o director de orquestra e que contén toda a obra que se executará. En contraste, particella ou parte é o nome dado a cada unha das partituras que teñen os intérpretes dos diferentes instrumentos.[1][2]