Norma (ópera)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Norma é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani (baseado na traxedia Norma, ou l'infanticide de Alexandre Soumet). Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 26 de decembro de 1831. É considerada un exemplo da suprema altura da tradición belcantista. "Casta diva" foi unha das arias máis coñecidas no século XIX.
Libreto de 1891. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | L. A. Soumet e L. Belmontet: Norma, ou l'infanticide (traxedia en verso, 1831) |
Estrea | 26 de decembro de 1831 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 2 horas 45 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Vincenzo Bellini |
Personaxes | |
Norma (soprano dramática ou lírico-spinto) |
A personaxe de Norma é considerado un dos máis difíciles do repertorio para soprano. Este papel foi creado para Giuditta Pasta, que tamén encarnou, por primeira vez, a personaxe Amina na ópera La sonnambula. No século XX poucas cantantes o podían interpretar con éxito, entre elas destacaron as interpretacións de Rosa Ponselle nos anos '20, Joan Sutherland e Maria Callas nos anos '50 e '60. Máis recentemente impúxose a interpretación da soprano catalá Montserrat Caballé.