![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4e/Jenny_Lind_retouched.jpg/640px-Jenny_Lind_retouched.jpg&w=640&q=50)
Jenny Lind
From Wikipedia, the free encyclopedia
Johanna Maria Lind (máis coñecida como Jenny Lind), nada o 6 de outubro de 1820 en Estocolmo (Suecia) e finada en Malvern (Inglaterra) o 2 de novembro de 1887, foi unha soprano sueca admirada pola súa axilidade e control vocais, así como pola pureza e naturalidade do seu canto.[1] Con tan só 10 anos foi aceptada como alumna na Kungliga Operan (Real Ópera de Suecia) e adoptou o nome artístico de Jenny Lind. O debut de Lind tivo lugar na súa cidade natal en 1838 nunha representación de Der Freischütz, e logo de ser cantante na corte sueca e membro da Real Academia Sueca da Música, Lind marchou estudar a París con Manuel García en 1841.[1][2] Lind era coñecida co sobrenome do "reiseñor sueco" e antes dos 30 anos xa triunfara nas grandes capitais de Europa.[3]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1820 ![]() Klara Church Parish, Suecia (en) ![]() ![]() |
Morte | 2 de novembro de 1887 ![]() Malvern (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Lugar de sepultura | Great Malvern (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia ![]() |
Relixión | Luteranismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz , profesora de música , cantante de ópera , actriz de teatro ![]() |
Período de actividade | 1838 ![]() |
Empregador | Universidade de Londres ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música clásica e ópera ![]() |
Profesores | Manuel García (pt) ![]() ![]() ![]() |
Alumnos | Liza Lehman ![]() |
Influencias | |
Lingua | Lingua sueca e lingua inglesa ![]() |
Tesitura | Soprano coloratura ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Otto Goldschmidt (1852–valor descoñecido) |
Fillos | Jenny Maria Catharina Goldschmidt (en) ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
Jenny Lind tour of America, 1850–52 (en) ![]() ![]() | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
En Chopin and The Swedish Nightingale, Cecilia e Jens Jorgensen afirman que a soprano sueca mantivo un romance co compositor polonés Frédéric Chopin durante a xira británica que Lind realizou en 1848 e que mesmo pensaron en casar na primavera do ano seguinte.[2]
Residente en Londres co seu home, o pianista alemán Otto Goldschmidt, ambos foron unha peza fundamental na formación de The Bach Choir. En 1883 retirouse a Wynds Point, onde morreu catro anos despois, sendo enterrada no cemiterio de Great Malvern.[2]