La battaglia di Legnano
ópera de Verdi / From Wikipedia, the free encyclopedia
La battaglia di Legnano (en galego A batalla de Legnano) é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na obra de Joseph Méry La bataille de Toulouse (1828). Esta ópera foi estreada no Teatro Argentina de Roma o 27 de xaneiro de 1849. Mentres que a estrea foi un éxito, a ópera fracasou na súa produción en Xénova en 1850.[1]
A batalla de Legnano nun cadro de Amos Cassioli (1832-1891). | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 4 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Salvatore Cammarano |
Fontes literarias | Joseph Méry: La bataille de Toulouse (1828) |
Estrea | 27 de xaneiro de 1849 |
Teatro da estrea | Teatro Argentina |
Lugar da estrea | Roma |
Duración | 110 minutos |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Frederico Barbarroxa (baixo) |
Actualmente esta ópera case non se representa, nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece cunha única representación no período 2005-2010.