Barítono é a voz cuxa tesitura se acha entre a de baixo e a de tenor. Os seus agudos diferéncianse da voz do tenor por seren máis escuros e os seus graves diferéncianse da voz do baixo por seren máis lixeiros e brillantes. É a voz masculina máis frecuente e, en ocasións, considérase a voz masculina expresiva por excelencia, e pode engadir a claridade e a flexibilidade á forza e ao esplendor.[1]
Na ópera e no teatro musical, o papel de vilán ou de home poderoso na trama adoita ser interpretado por un barítono.[2]
Na formación habitual de coros de voces mixtas (SATB) os barítonos inclúense na corda dos baixos. Cando esta se divide en coros de voces graves, utilízanse os termos "baixo 1" ou barítono, para designar a subsección máis aguda, e "baixo 2" ou simplemente baixo, para a máis grave.
Segundo o New Harvard Dictionary of Music, a tesitura do barítono vai desde un sol2 (sendo un do4 o central do piano) a un o mi4 .
Segundo o libro El maestro de canto, de Sergio Tulián, o barítono brillante vai dun la2 a un si4, e o barítono dramático vai dun fa2 a un sol#4.
Segundo outras fontes, a extensión dun barítono dramático alcanzaría desde o o mi2 ata o la4, e o barítono lírico podería chegar a si4.
Hai barítonos dramáticos e líricos ou nobres, que adoitan corresponder a personaxes de maior ou menor idade, respectivamente. Dentro da voz de barítono atopamos variantes:
- Barítono lixeiro: é unha voz grave caracterizada por ser potente nos agudos e, por comparación, moi débil nos propios graves. Cando interpreta papeis cómicos, coñécese tamén como "barítono cómico" ou "barítono buffo".
- Barítono lírico: é unha voz caracterizada por ser extensa na zona aguda e bastante áxil.
- Barítono Martin: caracterízase por ser voz mixta, de barítono pola súa extensión e de tenor pola súa cor e a súa levidade. É dicir, trátase dunha voz de barítono que chega ata a zona do tenor, pero non dá o Dó. A voz barítono Martin debe o seu nome ao barítono francés Jean-Blaise Martin (1769-1837). Esta voz, aínda que provén do repertorio francés, acabou sendo acollida polos demais. Exemplos de barítono martín son Camille Maurane (como Pelléas, en Pelléas et Melisande (Claude Debussy), e Michel Dens.
- Barítono verdiano: voz potente e expresiva con gran capacidade para se manter na zona aguda (re-mi-fa-sol), idónea para a obra de Verdi e mesmo de compositores como Donizetti e Rossini. Exemplos: Cornell MacNeil, Sherrill Milnes, Joseph Shore, Renato Bruson ou Leo Nucci.
- Barítono dramático: voz con apreciable forza e bo rendemento en todos os rexistros de barítono, especialmente na zona grave. Un exemplo é Robert Hale como Barak en "A muller sen sombra" (de Richard Strauss), e Juha-Pekka Leppäluoto de Charon.
- Baixo-barítono (ou Helden Baritone, da palabra alemá "Held", que significa "heroe", polos personaxes épicos da obra de Richard Wagner): en realidade, o baixo-barítono é unha subcategoría á parte do barítono; non ten que ver co estilo de canto, senón coas condicións naturais aplicadas a un repertorio específico. Exemplos: Hans Hotter, Thomas Quasthoff e Bryn Terfel.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.