filósofo indio From Wikipedia, the free encyclopedia
Kumārajīva (devanagari: कुमारजीव; chinés tradicional: 鸠摩罗什; chinés simplificado: 鳩摩羅什; pinyin: Jiūmóluóshí; Wade-Giles: Chiu1-mo2-lo2-shih2; xaponés: Kumarajū 鳩摩羅什; coreano: Kumarajiba 쿠마라지바; vietnamita: Cưu-ma-la-thập), nado no reino de Kucha en 344 e finado en Chang'an en 413 foi un monxe budista, estudoso, misioneiro e tradutor.[1] Comezou estudando as ensinanzas das escolas Sarvastivada, despois estudou co monxe Buddhasvāmin e finalmente converteuse nun seguidor do budismo Mahayana, estudando a doutrina Mādhyamaka de Nāgārjuna.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 344 Caxemira |
Morte | 413 (Gregoriano) (68/69 anos) Chang'an |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Eastern Jin dynasty (en) Later Qin (en) |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Ocupación | tradutor , escritor |
Movemento | Madhyamaka (pt) e Prajnaparamita (en) |
Alumnos | Q97695692 , Daosheng (en) , Sengzhao (en) , Sengrui (en) , Tanying (en) , Senglüe (en) , Huiyan (en) , Huìguān (en) , Daochang (en) e Daobiao (en) |
Familia | |
Pais | Kumārāyana (en) e Jīva (en) |
O seu pai, Kumārāyana, fillo dun ministro dun dos reinos da India, renunciou ao seu dereito á posición hereditaria como ministro para facerse monxe. A súa nai foi Jīvaka, a irmá máis nova do rei cuxana nun dos reinos de Asia Cenctral. Cando Kumārajīva tiña sete anos, a súa nai renunciou á vida secular para entrar ao sacerdocio e percorreu xunto a el a India e outros países afondando nos seus coñecementos sobre budismo. Primeiro estudou budismo Hinayana e máis tarde recibiu instrución no budismo Mahāyāna tendo como mestre a Shuryasoma. Cando regresou á súa casa, comezou a propagar o budismo Mahāyāna, e a súa reputación estendeuse ata a China.
No ano 328 Fu Chien, gobernante da dinastía Jin, ordenou ao xeneral Li Kuang invadir Kushana e outros países, e que trouxese no seu regreso á capital Chang'an a Kumārajīva.[2] Li Kuang tomou a Kumārajīva prisioneiro, pero no camiño de regreso decatouse da caída da dinastía Jin.[3] Li Kuang decidiu permanecer en Liang-chou onde mantivo a Kumārajīva prisioneiro durante dezaseis anos. Finalmente, Kumārajīva terminou o seu camiño a Chang-an no ano 401 a invitación de Yao Hsing gobernante da dinastía Jin tardía. Alí foi nomeado mestre da nación e mergullouse na tradución das escrituras budistas.
De acordo á colección de textos concernentes aos Tripitaka, traduciu 35 obras en 294 volumes, lográndoo en só dez anos. Entre as súas traducións máis salientables están o Sutra do Loto, o Sutra Gran Sabedoría, o Sutra Pequena Sabedoría, o Sutra Vimalikirti, o Sutra Rei Benevolente, o Sutra Amida, as Dez Divisións de Regras Monásticas, os Tratados da Gran Perfección e Sabedoría, os Tratados do Camiño do Medio, o Tratado dos Cen Versos, o Tratado dos Vinte Portóns e o Tratado de Establecemento da Verdade.
As traducións de Kumārajīva foron encomiadas polas xeracións posteriores, pola súa excelencia e claridade. Estas influírron fondamente o subseguinte desenvolvemento do budismo na China e no Xapón. Kumārajīva tamén deixou moitos discípulos, máis de trescentos segundo algunhas fontes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.