Krešimir Ćosić
From Wikipedia, the free encyclopedia
Krešimir Ćosić, nado o 26 de novembro de 1948 en Zagreb, Iugoslavia (actual Croacia) e finado o 25 de maio de 1995 en Baltimore, Estados Unidos, foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto croata. A Copa de Croacia de baloncesto recibe o nome de Kup Krešimira Ćosića (do croata: Copa Krešimir Ćosić) na súa honra.
Datos rápidos Posición, Altura ...
Krešimir Ćosić | |
---|---|
Posición | Pivote |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 96 kg (211 lb) |
Nacemento | 26 de novembro de 1948 Zagreb, Iugoslavia |
Morte | 25 de maio de 1995 (46 anos) Baltimore, Estados Unidos |
Carreira | |
Tempadas | 1965–1983 |
Canteira | KK Zadar |
Internacional | Iugoslavia (1966-1983) |
Equipo(s) | |
KK Zadar (1965–1969) BYU Cougars (1970–1973) KK Zadar (1973-1976) Union Olimpija (1976–1978) Virtus Bologna (1978–1980) Cibona (1980–1983) | |
Estatísticas (XX.OO) | |
Puntos | 340 (11,0 pp) |
Partidos | 31 |
Vitorias | 25 (81%) |
Premios | |
1× Xogos Olímpicos (1980) 2× Mundial (1970, 1978) 3× Eurobasket (1973, 1975, 1977) 1× Copa de Europa (1982) 6× YUBA (1965, 1967-68, 1974-75, 1982) 4× Copa Iugosl. (1970, 1981-83) 2× LEGA (1979-80) | |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Adestrador | |
Jugoplastika Split (1984–1985) Iugoslavia (1986–1988) Virtus Bologna (1987–1988) AEK Atenas (1988-1992) |
Pechar
Considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga, é tamén membro do Basketball Hall of Fame (o terceiro xogador non americano en conseguilo) e do FIBA Hall of Fame. Embaixador croata en Washington, D.C. (Estados Unidos), foi tamén un líder espiritual e misioneiro da Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días. Cunha altura de 2,11 metros xogaba na posición de pivote.