![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/B-Ball_HOF.jpg/640px-B-Ball_HOF.jpg&w=640&q=50)
Basketball Hall of Fame
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Naismith Memorial Basketball Hall of Fame recoñece e premia a xogadores que demostraron unha habilidade extrema no baloncesto ao longo da súa carreira e a adestradores ou árbitros cunha grande contribución ao mundo do baloncesto. Algúns equipos ao completo tamén están no Hall of Fame, coma os Harlem Globetrotters.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/B-Ball_HOF.jpg/640px-B-Ball_HOF.jpg)
Creouse en 1959, e a construción do museo rematouse o 17 de febreiro de 1968 en Springfield, Massachusetts. En 1985 o edificio foi trasladado a outra zona de Springfield, preto do centro, na beira leste do Río Connecticut.
O 28 de setembro de 2002 o Hall of Fame volveu ser trasladado de novo á súa terceira localización, un edificio de 45 millóns de dólares e 7 400 m².