From Wikipedia, the free encyclopedia
O Košarkaški klub Cibona, comunmente coñecido como Cibona Zagreb, é un club de baloncesto da cidade de Zagreb, Croacia. Actualmente compite na A1 Liga, a máxima competición do baloncesto croata, así como na Liga do Adriático e a Euroliga. Disputa os seus partidos como local no Dražen Petrović Basketball Hall, cunha capacidade para 5.400 espectadores.
KK Cibona | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Košarkaški klub Cibona |
Liga | A1 Liga / ABA Liga |
Alcume | Vukovi (Lobos) |
Fundación | 1946 |
Cores | Azul, branco |
Presidente | Aleksandar Petrović |
Adestrador | Slaven Rimac |
Localización | |
Cidade | Zagreb, Croacia |
Pavillón | Dražen Petrović Hall |
Capacidade | 5.400 |
Inauguración | 1987 |
Campionatos | |
Euroliga | 2 (1985, 1986) |
Recopa | 2 (1982, 1987) |
Copa Korać | 1 (1972) |
Tripla coroa | 1 (1985) |
Liga | 18 (1992−2002, 2004, 2006−2007, 2009−2010, 2012−2013) |
ABA Liga | 1 (2014) |
YUBA Liga | 3 (1982, 1984, 1985) |
Copa | 7 (1995−1996, 1999, 2001−2002, 2009, 2013) |
C. Iugosl. | 8 (1969, 1980−1983, 1985−1986, 1988) |
cibona.com |
Foi fundado en 1946 co nome de BC Sloboda (palabra que en croata significa "liberdade"). O club trocou de nome en 1950 para denominarse Lokomotiva ata 1975, cando pasou a denominarse "Cibona" ao adoptar o nome do seu patrocinador, unha empresa de alimentación. A inxección económica que supuxo a chegada do patrocinador, e a aparición dunha extraordinaria xeración de xoves xogadores croatas permitiu que o club vivira os seus mellores nos anos oitenta cando, liderados por Dražen Petrović, converteuse nun dos mellores conxuntos de Europa. Chegou a conquistar dúas copas de Europa, dúas Recopas de Europa e unha Copa Korać, ademais de dominar claramente o baloncesto iugoslavo. Trala desintegración de Iugoslavia, o Cibona consolidouse como un dos dous grandes dominadores do baloncesto croata, xunto ao KK Split.
O KK cibona xoga os seus encontros coma local no Dražen Petrović Basketball Hall (en croata: Košarkaški centar Dražen Petrović ou Dvorana Dražen Petrović). É un pavillón deportivo cuberto, situado en Zagreb, cunha capacidade para 5.400 espectadores.
O pavillón foi construído en 1987, coñecido entón co nome de Cibona Sports Center. En 1993 cambiou ao nome coma homenaxe ao lendario xogador croata de baloncesto de Europa e a NBA, membro do Basketball Hall of Fame, Dražen Petrović. Petrović, que xogou no Cibona Zagreb, morrera ese mesmo ano, con tan só vinte e oito anos, anos nun accidente de tráfico, na metade da súa carreira.
Copa de Iugoslavia
Copa de Croacia
KK Cibona 2015−2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.