From Wikipedia, the free encyclopedia
Karl Grobben, escrito ás veces como Carl Grobben, nado en Brno (daquela, Brünn) o 27 de agosto de 1854 e finado en Salzburgo o 13 de abril de 1945, foi un zoólogo austríaco.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1854 Brno, República Checa |
Morte | 13 de abril de 1945 (90 anos) Salzburgo, Austria |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | biólogo, malacólogo, profesor universitario, zoólogo, carcinólogo |
Empregador | Universidade de Viena |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Grobben |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Estudou historia natural e particularmente zooloxía na universidade de Viena onde se doutorou en 1877. Dous anos máis tarde volveu a esa universidade como docente. En 1884 foi nomeado profesor asociado e, ao ano seguinte, casa con Ida Tschermak von Seysenegg, filla do mineraloxista Gustav Tschermak von Seysenegg (1836-1927), matrimonio que tería unha filla.[1]
En 1889 participou nunha expedición ao leste do Mediterráneo organizada pola Academia de Ciencias de Viena. En 1893 foi o director do Zootomischen Institut e, en 1896, do Instituto de Zooloxía da universidade de Viena.[1]
Dedicou o seu traballo sobre todo ao estudo da anatomía, a histoloxía e a evolución dos moluscos e os crustáceos inferiores, así como ao estudo das medusas e dos vermes. É recordado sobre todo pola impórtate mellora da intricada taxonomía dos crustáceos.
Grobben foi o autor de obras fundamentais, como Zur Kenntnis des Stammbaumes und des Systems der Crustaceen (1892), Die systematische Einteilung des Tierreichs (1908), así como de numerosos artigos científicos. Tamén foi o editor dunha nova edición do Lehrbuch der Zoologie de Carl Friedrich Wilhelm Claus, e foi quen cuñou os termos protóstomos e deuteróstomos (e describiu os taxons correspondentes).[1]
Entre outros, Grobben creou os seguintes taxons:
Entre os taxons dedicados a Grobben por outros autoires están:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.