From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles Frederick Kiraly, nado en Jackson (Míchigan) o 13 de novembro de 1960 é un xogador de voleibol estadounidense nas modalidades de sala e praia, coñecido como Karch Kiraly.
Participou en tres Xogos Olímpicos, obtendo en cada edición unha medalla de ouro: nos Ánxeles 1984 e Seúl 1988 en voleibol e en Atlanta 1996 en volei praia.[1] Tamén gañou unha medalla de ouro no Campionato Mundial de Voleibol de 1986 e unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Volei Praia 1997.[2]
Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Torneo |
1984 | Os Ánxeles ( Estados Unidos) | Ouro | Masculino |
1988 | Seúl ( Corea do Sur) | Ouro | Masculino |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Torneo |
1986 | Francia | Ouro | Masculino |
Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Parella |
1996 | Atlanta ( Estados Unidos) | Ouro | Kent Steffes |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Parella |
1997 | Os Ánxeles ( Estados Unidos) | Bronce | Dain Blanton |
Kiraly traballou como comentarista para ESPN e tamén traballou como analista para NBC Sports durante a cobertura da competición de volei praia nos Xogos Olímpicos de 2008.[3]
Kiraly comezou a adestrar no St. Margaret's Episcopal High School, onde xogaban os seus fillos, Kristian e Kory.[4] En 2012 foi nomeado adestrador xefe da selección feminina estadounidense para os Xogos Olímpicos de 2016.[5] En outubro de 2014 participou no Campionato do Mundo en que os Estados Unidos venceron á China na final, o que fixo de Kiraly a cuarta persoa que gañaba unha medalla de ouro nun campionato do mundo como xogador e como adestrador.[6]
Nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, os Estados Unidos obtiveron a medalla de bronce , co que Kiraly se converteu no cuarto xogador que gañou medallas como xogador e como adestrador.[7]
Kiraly reside en San Clemente, California, coa súa esposa Janna. O seu pai, Laszlo Kiraly, xogou co equipo nacional júnior de voleibol de Hungría.[4] Kiraly estudou bioquímica na universidade e pensou en estudar medicina.[4]
Kiraly traballou coidando a Misty May-Treanor cando era novo.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.