Kang Youwei
From Wikipedia, the free encyclopedia
Kang Youwei (chinés tradicional: 康有為; chinés simplificado: 康有为; pinyin: Kāng Yǒuwéi; Wade-Giles: K'ang1 Yu3-wei2), nado en Fosan (Guangdong) o 19 de marzo de 1858 e finado en Qingdao o 31 de marzo de 1927, foi un académico chinés, figura clave no desenvolvemento intelectual da moderna China. Destacou no campo da caligrafía e especialmente como reformista social.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (zh-cn) 康有為 19 de marzo de 1858 Distrito de Nanhai (pt) |
Morte | 31 de marzo de 1927 (69 anos) Qingdao |
Lugar de sepultura | Tomb of Kang Youwei (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República da China (1912–1927) Dinastía Qing (1858–1911) |
Relixión | Confucianismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | escritor , filósofo , xornalista , político |
Partido político | Kuomintang |
Xénero artístico | Tratado |
Alumnos | Ch'i-ch'ao Liang (pt) |
Lingua | Chinés clásico e Old Mandarin (en) |
Participou en | |
1898 | Reforma dos Cem Dias (pt) |
Obra | |
Doutorando | Ch'i-ch'ao Liang (pt) |
Familia | |
Fillos | Kang Tongbi (pt) |
Irmáns | Kang Youpu (pt) |
Segundo o ensaísta indio Pankaj Mishra, "Kang considerábase a si mesmo un sabio confuciano coa misión moral de rexuvenecer a China. Coa vista posta nese resultado, Kang non dubidaba en reformular o propio confucianismo". Nese sentido o gran pensador reformista chinés e discípulo seu, Liang Qichao, dixo del que era o Martiño Lutero do confucianismo.[1] Kang ademais era un firme partidario da monarquía constitucional e pretendía remodelar o país a imaxe da transformación ocorrida no Xapón trala revolución Meiji.