Julia
linguaxe de programación / From Wikipedia, the free encyclopedia
Julia é unha linguaxe de programación de alto nivel e dinámica que se deseñou pensando na actual necesidade da alta eficiencia numérica e computacional das ciencias, sen deixar de lago a programación de propósito xeral [6][7][8][9], uso na web [10][11] ou como linguaxe de especificación[12]. Julia xorde en 2009 como un proxecto aberto que comezaron Stefan Karpinski, Viral Shah, Alan Edelman e Jeff Bezanson, coa intención de crear unha linguaxe rápida e sinxela de aprender, e que fose escalable.[13] Está orientada a aplicarse en ciencias como a física, a ecoloxía, as finanzas, a robótica e similares.[13] Busca ser de rápida execución, como as linguaxes estáticas como C ou Fortran, e ao mesmo tempo de rápido desenvolvemento, como R e Python.[13] É de código aberto e ten unha licenza MIT.
Julia | |
---|---|
Paradigma | Multiparadigma: orientado a obxectos, funcional, procedural, meta |
Data | 2012 |
Deseñador | Jeff Bezanson, Stefan Karpinski, Viral B. Shah, Alan Edelman |
Desenvolvedor | Jeff Bezanson, Stefan Karpinski, Viral B. Shah e outros.[1][2] |
Última versión | 0.6.2[3][4] |
Influído por | C, Fortran, Lisp, Lua, Mathematica[5], MATLAB, Perl, Python, R, Ruby, Scheme |
Sistema operativo | Multiplataforma (GNU/Linux, Mac OS X, Windows e outros) |
Licenza | MIT (con algún código de proxectos BSD-3, LGPLv2 ou LGPLv3+, GPLv2 ou GPLv3+) |
Web | julialang.org |
Os aspectos que destacan da linguaxe Julia son que o seu paradigmas de programación está no seu sistema de polimorfismo paramétrico, os tipos propios dunha linguaxe totalmente dinámica, en ser paralela e distribuída e ter un paradigma de ligazóns dinámicas. Ten a capacidade de chamar ás librarías das linguaxes C e Fortran sen código intermedio. Julia emprega a recolección de lixo[14], usa unha avaliación continua e librarías eficientes para o cálculo de puntos flotantes, álxebra lineal, xeración de números aleatorios, transformacións de Fourier rápida e busca de expresións regulares.