Licenza MIT
licenza de software libre / From Wikipedia, the free encyclopedia
A licenza MIT (ou licenza X11 ou MIT X)[1] é unha licenza de software libre permisiva[2] Esta licenza creárona avogados no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) fundamentándose na licenza BSD e facéndoa máis sinxela.[2][3]. Como o MIT liberou diversas licenzas a Free Software Foundation refírese a esta licenza chamándoa Licenza X11.[4] Dálle ese nome porque é a licenza do xestor gráfico X Window System.[1] Pola contra a Open Source Iniciative non concorda con iso e chámalle Licenza MIT.[1]
Xa que é unha licenza permisiva, ten poucas limitacións sobre do reuso do software e permite que sexa unha ampla compatible con outras licenzas.[5][6] A licenza sempre inclúe unha declaración sobre do copyright e unha advertencia que indica que o software se distribúe "como está" e que os propietarios non se fan responsables das reclamacións polos erros do emprego dese software.[3] A licenza permite reempregar o código mais mantendo os dereitos de copyright e as notas da licenza. Permite traballos derivados ou modificacións baixo diferentes termos e mesmo sen distribuír o código fonte. Con iso, a licenza MIT permite a reutilización dentro de software privativo, xa que permite as adaptacións a fins comerciais.[1][3]
A licenza MIT tamén é compatible con moitas licenzas de copyleft, como a GNU General Public License (GPL). Grazas a iso o software con licenza MIT pódese integrar en software GPL, inda que non do outro xeito.[4]
En 2018 a licenza MIT foi a máis popular para proxectos de código aberto, xa que dos 2 millóns de proxectos estudados foi a licenza empregada polo 32%.[7] Algúns exemplos de software que emprega está licenza é o X Window System ou as linguaxes de programación Ruby on Rails e Node.js.