A Free Software Foundation (FSF) -Fundación polo Software Libre- é unha organización sen ánimo de lucro fundada por Richard Stallman para apoiar o movemento polo software libre (free significa neste caso libre e non necesariamente gratis, a outra acepción que a palabra ten en inglés) e, en particular o proxecto GNU.
Datos rápidos Acrónimo, Tipo ...
Free Software Foundation |
---|
|
|
Acrónimo | FSF |
---|
Tipo | entidade filantrópica, organización sen ánimo de lucro e organización non gobernamental |
---|
Campo de traballo | software libre |
---|
Data de fundación | 4 de outubro de 1985 |
---|
Fundador(es) | Richard Stallman |
---|
Presidente/a | |
---|
Director/a | William John Sullivan e Zoë Kooyman |
---|
Nº de membros | 5.000 (2019) |
---|
Organización relacionada | Proxecto GNU |
---|
Premios | Prix Ars Electronica |
---|
Sede | Boston e Cambridge |
---|
Enderezo | 51 Franklin Street, Fifth Floor Boston, MA, 31 Milk St # 960789, Boston, MA 02196, USA e 59 Temple Place - Suite 330, Boston, MA 02111-1307, USA |
---|
País | Estados Unidos de América |
---|
Na rede |
---|
https://fsf.org/ |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Desde a súa fundación até mediados da década de 1990, os fondos da FSF destináronse principalmente a pagar a programadores para que escribisen software libre. A partir de mediados ou finais da década de 1990 existen xa moitas compañías e autores individuais que escriben software libre, de xeito que os empregados e voluntarios da FSF traballan fundamentalmente en asuntos legais e estruturais en beneficio da comunidade do software libre.
- Facer cumprir a GPL
- A FSF dispón dos recursos e a vontade para facer cumprir a GPL e outras licenzas GNU, se ben só para o software do cal posúe os dereitos; o software publicado segundo a GPL pero propiedade doutros debe ser defendido polos seus propietarios dado que a FSF non conta con sanción oficial para facer cumprir a GPL por eles. A FSF trata unhas 50 violacións da GPL cada ano e tenta que a outra parte se aveña a cumprir sen necesidade de recorrer aos xulgados. Até xaneiro de 2004 ninguén ten levado a FSF a xuízo sobre unha disputa por copyright.
- Licenzas GNU
- A licenza GNU GPL é a máis usada nos proxectos de Software Libre. A versión actual (versión 2) foi emitida en 1991, mais a FSF está a traballar na versión 3. A FSF ten publicadas tamén a Licenza Pública Xeral Menor de GNU (LGPL) e a Licenza de Documentación Libre GNU (GFDL).
- Gardián de copyrights
- A FSF exerce os dereitos de todo o software de GNU e dalgún software libre non GNU. Require que toda persoa que contribúa nos paquetes de GNU ceda os seus dereitos de maneira que o software poida ser defendido diante dun tribunal se se produce unha disputa e para que, de ser preciso modificar a licenza dunha obra, se poida facer sen ter que contactar con todas as persoas que nalgunha ocasión contribuíron co seu traballo a desenvolver ese software.
- O Directorio do Software Libre
- É unha listaxe de paquetes de software que se ten comprobado que son software libre. A entrada de cada paquete contén 47 informacións tales como a páxina web do proxecto, programadores, linguaxe de programación etc. Os obxectivos son fornecer un motor de procura para o software libre e unha referencia para que os usuarios poidan comprobar se un paquete foi identificado como software libre. A FSF ten recibido unha pequena cantidade de fondos da UNESCO para este proxecto. Espérase que o directorio poida ser traducido a moitos idiomas no futuro.
- Mantemento da definición de Software Libre
- A FSF mantén moitos dos documentos que definen o movemento polo Software Libre.
- Formación legal
- A FSF organiza seminarios relacionados con aspectos legais da utilizacion da GPL e ofrece un servizo de consultoría para avogados.
- Aloxamento de Proxectos
- A FSF fornece aloxamento para proxectos a través do seu sitio web (Savannah).
- Premio á Promoción do Software Libre
- Un premio anual.
Membros
O 25 de novembro de 2002 a FSF ofreceu o programa de Membros Asociados para individuos. En abril de 2004 tiña máis de 2.044 membros asociados. O 5 de marzo de 2003 lanzou un programa de Padroado Empresarial para organizacións comerciais. En abril de 2004 contaba con 45 padroeiros empresariais.
Organización
Xunta Directiva
- Geoffery Knauth, Enxeñeiro de Software en SFA, Inc.
- Lawrence Lessig, Profesor de Dereito na Universidade de Stanford
- Eben Moglen, Profesor de Dereito e Historia Legal na Universidade de Columbia e coautor da GNU GPL, Versións 1 e 2
- Henri Poole, Fundador de CivicActions, unha empresa consultora de tecnoloxía en campañas de base
- Richard Stallman, Fundador da FSF e do Proxecto GNU, xestor anterior de varios proxectos de software GNU e coautor da GNU GPL, Versións 1 e 2
- Gerald Sussman, Profesor de Informática no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Outros cargos
- Richard Stallman: Presidente
- Peter T. Brown: Director Xeral (foi Director de Validacións e Control até febreiro de 2005)
- Eben Moglen: Conselleiro Xeral
- Dan Ravicher: Conselleiro
- David "Novalis" Turner: Enxeñeiro de Validacións da GPL
- Janet Casey, Director do Directorio de Software Libre
- John Sullivan, Administrador de Programas
- Ted Teah, Administrador de Tarefas
- Jim Blair, Administrador de Sistemas
- Justin Baugh, Administrador de Sistemas
Empregados anteriores
- Bradley Kuhn: Director xeral até febreiro de 2005
- Leslie Proctor Relacións Públicas
- Robert J. Chassell: Director Fundador e Tesoureiro
- Tim Ney Director Xeral 1998-2001
- Thomas Bushnell hacker para GNU, GNU Hurd
- Roland McGrath hacker para GNU, GNU Libc, Make, GNU Hurd
- Leonard Tower hacker para GNU
- Mike Haertel hacker para GNU, diff, grep
- Pete TerMaat hacker para GNU, GDB
- Phil Nelson hacker para GNU
- Jay Fenlason hacker para GNU, sed
- Brian Fox hacker para GNU, Bash
- Noboyuki Hikichi hacker para GNU
- Paul Rubin hacker para GNU, cpp
- Ariel Rios hacker para GNU, Guile
- Randy Smith hacker para GNU, GDB
- houbo un tal "Steve"
- Jonathan Watterson (organizou o proxecto digital-speech)
- Lisa "Opus" Goldstein: Directora de Prensa de GNU
- Paul Fisher, Administrador de Sistemas
Habitualmente traballan dez persoas na sede central de Boston, Massachusetts. A oficina está coordenada por Bradley Kuhn.
Organizacións irmás
En 2001 fundouse en Alemaña a Free Software Foundation Europe (Fundación para o Software Libre - Europa) coa finalidade de actuar como "concentrador" das organizacións polo Software Libre de Europa. En 2003 fundouse en Kerala a Free Software Foundation India (Fundación para o Software Libre - India). O 19 de abril de 2001 fundouse en Francia a Free Software Foundation France (Fundación para o Software Libre - Francia). No vixésimo aniversario do Proxecto GNU (5 de xaneiro de 2004), fundouse a Irish Free Software Organisation (Organización polo Software Libre - Irlanda) para promocionar o software libre en Irlanda.