Recolección de lixo
From Wikipedia, the free encyclopedia
En informática, recolección de lixo (garbage collection ou GC en inglés) é unha forma de xestión de memoria automática. O recolector de lixo tenta recuperar lixo, ou memoria ocupada por obxectos que non se utilizarán de novo na aplicación. A recolección de lixo inventouna o científico da computación John McCarthy ó redor de 1959 para o problema da xestión de memoria manual na súa linguaxe de programación Lisp.