From Wikipedia, the free encyclopedia
Julián Barrio Barrio, nado en Manganeses de la Polvorosa (Zamora, Castela e León) o 15 de agosto de 1946, é un crego católico vinculado a Galicia, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996 ata 2023. En 2022 recibiu a Medalla de Galicia.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1946 (78 anos) Manganeses de la Polvorosa, España (pt) |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
5 de xaneiro de 1996 – 1 de abril de 2023 ← Antonio María Rouco Varela – Francisco José Prieto → | |
Titular bishop of Sasabe (en) | |
31 de decembro de 1992 – 5 de xaneiro de 1996 ← Alphonse Gallegos (pt) – Juan José Omella Omella → Diocese: Sasabe titular see (en) | |
Bispo auxiliar de Santiago de Compostela | |
31 de decembro de 1992 – 5 de xaneiro de 1996 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Oviedo Pontificia Universidade Gregoriana Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía cristiá |
Lugar de traballo | Santiago de Compostela |
Ocupación | bispo católico (1993–), Sacerdote católico de rito romano (1971–) |
Consagración | Antonio María Rouco Varela |
Premios | |
| |
Estudou Humanidades e Filosofía no seminario de Astorga e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1971, ano no que ademais foi ordenado sacerdote. Xa como crego proseguiu os seus estudos e doutorouse en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana en Roma, en 1976, e posteriormente completou os seus estudos licenciándose tamén en Xeografía e Historia na Universidade de Oviedo, en 1979.
A partir de 1980 foi vicerreitor do Seminario de Astorga, ata o ano 1992, cando foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Colaborou co seu predecesor, o arcebispo Antonio María Rouco Varela, ata que este foi trasladado a Madrid. Foi nomeado Administrador Diocesano de Santiago de Compostela ata o 25 de outubro de 1994 e posteriormente (o 5 de xaneiro de 1996) foi nomeado arcebispo de Compostela por bula do papa Xoán Paulo II.
Dende que asumiu o arcebispado caracterizouse pola súa actitude conservadora e firme nas súas conviccións, continuando coa política do seu antecesor. Defendeu publicamente o catolicismo como "sinal de identidade do pobo español" e opúxose á aprobación legal en España do matrimonio homosexual, afirmando que "o matrimonio é esencialmente heterosexual e base ineludíbel da familia, cuxa quebra supón a quebra da sociedade.[1] Durante o seu arcebispado celebráronse tres Anos Santos, o terceiro deles coa visita do papa Bieito XVI a Santiago de Compostela.
Nomeado presidente da Comisión de Apostolado Segrar da Conferencia Episcopal Española en 2008,[2] en 2011 entrou a formar parte do comité executivo da Conferencia Episcopal Española.[3]
Como arcebispo de Santiago, foi quen oficiou o funeral de Estado polas vítimas do accidente de Angrois en 2013. En decembro de 2009 promoveu unha reforma dos arciprestados de Galicia, suprimindo por concentración varios deles.[4]
Ao cumprir os 75 anos, no ano 2021, presentou a súa renuncia por idade á Santa Sé.[5] O papa Francisco aceptoulla o 1 de abril de 2023, cando nomeou novo arcebispo de Santiago de Compostela a Francisco José Prieto, ata entón bispo auxiliar compostelán.[6] Barrio permaneceu no arcebispado ata o ordeamento de Prieto, o 3 de xuño de 2023. Daquela marchou vivir a unha casa que ten en Manganeses de la Polvorosa[7].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.