Judah Loew ben Bezalel
rabino checo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Judah Loew ben Bezalel (tamén Löw, Loewe, Löwe ou Levai), nado probablemente en Poznań entre 1512 e 1526 e finado en Praga o 17 de setembro de 1609[1], coñecido entre os estudosos do xudaísmo como Maharal de Praga ou simplemente Maharal, acrónimo hebreo de "Moreinu Ha-Rav Loew" ("O noso mestre, o rabino Loew"), foi un estudoso do Talmud, místico e filósofo que, durante a maior parte da súa vida foi un líder rabino nas cidades de Mikulov en Moravia e Praga en Bohemia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1520 Poznan |
Morte | 17 de setembro de 1609 (88/89 anos) Praga |
Lugar de sepultura | Antigo cemiterio xudeu de Praga 50°05′23″N 14°25′00″L |
Landesrabbiner (en) Margraviato da Morávia (pt) | |
1553 (Gregoriano) – 1573 (Gregoriano) | |
Rabino-Chefe (pt) Praga | |
Datos persoais | |
Relixión | Xudaísmo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Praga Poznan Mikulov (pt) |
Ocupación | rabino , matemático , filósofo |
Alumnos | Yom-Tov Lipmann Heller (en) , David Gans (pt) , Elijah Loans (en) e Shlomo Ephraim Luntschitz (en) |
Familia | |
Fillos | Bezalel ben Yehudah (en) |
No mundo da Torá e dos estudos talmúdicos, Loew é coñecido polos seus traballos sobre filosofía e misticismo xudeus e a súa obra Gur Aryeh al HaTorah, comentario sobre os comentarios de Rashi sobre a Torá. Tamén aparece na lenda do século XIX como o creador do Golem de Praga, ser mitolóxico animado construído de arxila.
O rabino Loew está enterrado no Cemiterio Vello Xudeu de Praga en Josefov.