From Wikipedia, the free encyclopedia
Shlomo Yitzchaki (en hebreo: רבי שלמה יצחקי; en latín: Salomon Isaacides; en francés: Salomon de Troyes), nado en Troyes o 22 de febreiro de 1040 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1105, coñecido polo acrónimo de Rashi (en hebreo: רש״י, RAbbi SHlomo Itzhaki), foi un rabino francés, autor de comentario sobre o Talmud e o Tanakh. Recoñecido pola súa habilidade para presentar o significado básico do texto nun estilo conciso e lúcido, Rashi chega aos grandes estudosos e os estudantes que se inician, e a súa obra permanece como unha obra central dos estudos xudeus contemporáneos. O seu comentario sobre o Talmud, que cobre case todo o Talmud babilónico (un total de 30 de 39 tratados, debido á súa morte), foi incluído en todas as edicións do Talmud dende a súa primeira impresión por parte de Daniel Bomberg na década de 1520. O seu comentario sobre o Tanakh, especialmente sobre o Chumash ("Cinco libros de Moisés"), serve como base de máis de trescentos "supercomentarios" que analizan a escolla de Rashi da lingua e as citas, escritos por algúns dos maiores nomes da literatura rabínica.[1]
Nome orixinal | (fr) Salomon de Troyes |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1040 Troyes, Francia |
Morte | 13 de xullo de 1105 (64/65 anos) Troyes, Francia |
Lugar de sepultura | Troyes |
Residencia | Troyes (–década de 1050) Worms (década de 1050–) Maguncia |
Relixión | Xudaísmo |
Actividade | |
Ocupación | rabino, científico da relixión |
Profesores | Yaakov ben Yakar (en) , Yitzchak HaLevi (en) e Yitzchak ben Yehuda (en) |
Alumnos | Meir ben Samuel (en) , Rashbam (en) , Shemaiah of Soissons (en) , Judah ben Nathan (en) e Simha ben Samuel de Vitry (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Miriam, Yocheved |
Pai | Yitzchak |
Descrito pola fonte | Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) , (sec:Rashi (1040-1105)) Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Rashi contraeu matrimonio de moi novo e vaixou a Worms e Mainza, onde permaneceu oito anos en importantes centros de ensino xudeu en Alemaña. O seu coñecemento das fontes relixiosas en hebreo e arameo viuse enriquecido grazas ao seu acceso a documentos escritos en francés e alemán. Aos 25 anos regresou a Troyes onde comezou a súa carreira como mestre e escritor. Pouco despois organizou a súa propia escola en que centos de estudantes recibiron os beneficios da súa grande erudición e do seu particular método interpretativo.
Os seus últimos anos de vida, víronse afectados polos masacres cometidos contra familiares e amigos na primeira cruzada (1095-96).[2] Durante este período transferiu o seu Bet Hamidrash (casa de estudo) a Worms. Os seus descendentes herdaron esta cultura e fundaron a escola de comentaristas coñecida como Tosafot, nome que deriva da raíz hebrea que significa «agregar».
O comentario de Rashi sobre o Talmud continúa a ser clave para os estudo e as interpretacións rabínicas contemporáneas. Sen o comentario de Rashi, o Talmud permanecería como un libro pechado.[3] Con el, calquera alumno introducido por un mestre no seu estudo pode continuar a aprender pola súa conta, descifrando a súa linguaxe e significado coa axuda de Rashi.
En 2006, a Jewish National and University Library da Universidade Hebrea montou unha exposición para conmemorar o 900.º aniversario da morte de Rashi (2005), mostrando obxectos raros da colección da biblioteca escrita por Rashi, ademais de varias obras doutros autores sobre el.
Publicáronse voluminosos supercomentarios sobre os comentarios de Rashi sobre a Biblia e o Talmud, incluído Gur Aryeh do rabino Judah Loew (o Maharal), Sefer ha-Mizrachi do rabino Elijah Mizrachi (o Re'em) e Yeri'ot Shlomo do rabino Solomon Luria (o Maharshal). Case toda a literatura rabínica publicada dende a idade media, emprega a súa visión, ben como apoio, ben para debater contra ela.
As explicacións de Rashi sobre o Chumash tamén se citaron extensamente en Postillae Perpetuae de Nicholas de Lyra (1292–1340), franciscano francés. O libro de de Lyra foi unha das primeiras fontes empregadas na tradución da Biblia por Lutero.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.