Antigo cemiterio xudeu de Praga
From Wikipedia, the free encyclopedia
O antigo cemiterio xudeu de Praga (en checo: Starý židovský hřbitov) atópase no barrio xudeu de Praga (na República Checa), o Josefov. Foi empregado dende o século XV (a súa tumba máis antiga, a de Avigdor Kara, que data de antes de 1439) até o ano 1787.
O seu antecesor foi outro cemiterio chamado «O xardín xudeu», situado no Barrio novo de Praga e atopado recentemente grazas a diversas escavacións arqueolóxicas.
O número de tumbas de xente enterrada é incerto, porque hai varias capas de tumbas. En calquera caso, estimouse que hai aproximadamente 12 000 tumbas aparentemente visibles, nas cales descansan máis de 100 000 xudeus.[1]
Algunhas das persoas máis famosas enterradas no cemiterio son Mordecai Maisel (1601), Rabbi Judah Loew (1609), David Gans (1613) e David Oppenheim (1736).