médico e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Barcia Caballero, nado en Santiago de Compostela en 1852 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 1926, foi un médico e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1852 Santiago de Compostela, España |
Morte | 10 de outubro de 1926 (73/74 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, médico, poeta, novelista |
Partido político | Asociación Regionalista Gallega |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Juan Barcia Eleizegui |
Fillo de Juan Ramón de Barcia Nalda (1825-1902). Estudou medicina en Santiago e Madrid e foi catedrático nas universidades de Granada e Santiago e director do Hospital de San Roque e do Manicomio de Conxo en Santiago. Fundou El Porvenir, foi redactor de El Libredón, e colaborou en O Novo Galiciano, El Ciclón, El Eco de Santiago, El Cínife, As Burgas e El Diario de Orense. De ideoloxía rexionalista participou na constitución da Asociación Regionalista Gallega e colaborou en Acción Gallega.
Dirixiu a revista médica La Crónica. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883) e Anatomía Práctica (1898, en colaboración con Vicente Goyanes Cedrón) e escribiu varios traballos en De re phrenopatica no eido da Psiquiatría (1915). Foi o tradutor ao galego do texto latino do Terceiro Concilio de Toledo para a edición políglota de 1891.
En 1912 deu o discurso de apertura do curso universitario 1912-1913 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "La Locura y la Libertad".
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Barcia Caballero |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.