numismática e política francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Josèphe Jacquiot, nada o 24 de abril de 1910 en Loches (na rexión, Centro-Val de Loira) e finada o 2 de agosto de 1995 en Villeneuve-Saint-Georges (na Illa de Francia), foi unha numismática e política francesa, membro da Resistencia durante a II guerra mundial.[1][2][3][4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1910 Loches, Francia |
Morte | 2 de agosto de 1995 (85 anos) Villeneuve-Saint-Georges. Illa de Francia. Francia |
Mayor of Montgeron (en) | |
1945 – 1947 – Armand Cachat (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Educación | Escola do Luvre. |
Q89547790 | - Estudos de medallas e fichas comeciais da Idade Moderna. - Conservadora do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática (medallística). |
Ocupación | política , membro da resistencia francesa , numismático |
Lingua | Lingua francesa |
Josèphe era filla de Charles Jacquiot (1879-1938), profesor da Escola de Maxisterio de Loches e posteriormente na de Versalles. Graduouse en estudos superiores de Historia, Arqueoloxía, Xeografía e Historia da Arte, e foi tamén alumna da Escola do Louvre.[3] Logo do falecemento do seu pai en 1938, a familia instalouse na vila de Montgeron, ao sueste de París.[1][4]
Dedicouse particularmente ao estudo da numismática, materia da que foi profesora na Escola Práctica de Ciencias Económicas e Sociais, na Escola do Louvre e na Monnaie de Paris. A numismática (particularmente o relativo ás medallas e ás fichas comerciais) converteuse no centro de interese de toda a súa carreira profesional, ata se converter nunha autoridade nesta materia, o que a levou, en 1959, a ocupar o posto de conservadora do Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París.[1][2]
Durante a ocupación de Francia por Alemaña na II guerra mundial, Josèphe uniuse á Resistencia, da que foi unha das figuras locais.[1]
Despois da guerra foi elixida alcaldesa de Montgeron en maio 1945, encabezando unha candidatura centrista, o que a converteu nunha pioneira na ocupación dun cargo político por elección en Francia. Á súa xestión débeselle a creación do instituto de ensino secundario de Montgeron en 1946, o primeiro de carácter mixto e o primeiro dos suburbios de París, así como un centro de protección da maternidade e unha biblioteca municipal.[3][4] Logo das eleccións municipais de outubro de 1947, a súa lista non puido pasar do terceiro posto, o que lle supuxo ter que deixar a alcaldía da vila.[1]
Josèphe Jacquiot creou tamén a Sociedade de Historia de Montgeron, da que foi a súa primeira presidenta.[1]
En 1993 fundou o Museo Municipal de Montgeron, que enriqueceu cunha importante doazón persoal e que na súa hora leva o seu nome. O museo xira arredor de catro temáticas principais: a numismática, a exiptoloxía, o Extremo Oriente (salientan as estampas xaponesas dos mellores artistas do período Edo) e a historia local.[1][2][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.