Illa das Esculturas
parque escultórico en Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
parque escultórico en Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa de Covo, máis coñecida como Illa das Esculturas, é un parque e unha insua situados preto da foz do río Lérez, en Pontevedra. Ten unha superficie de 70.000 m²[1] e está conectada con ambas beiras do río por pasarelas e pontes peonís. É o maior e máis importante museo ao aire libre de Galicia[2][3] e un dos máis importantes de España.[4]
Tipo | parque escultórico parque | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Pontevedra, España | ||||
| |||||
Conéctase con | pasarela peonil sobre o Lérez campus de Pontevedra | ||||
Características | |||||
Altitude | 0 m | ||||
Superficie | 7 ha | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 29 de xullo de 1999 | ||||
Cronoloxía | |||||
parque | |||||
Hai no parque, entre outros, un labirinto de 2 m de altura,[5] un menhir de granito rosa de 5 m de altura nun cruzamento de camiños ou unha casa flotante no río Lérez no fondo da illa.[6] A fauna inclúe aves acuáticas e carpas.
A illa formouse no río a partir dos sedimentos transportados polo Lérez depositados alí porque o río xa está moi preto do nivel do mar e perde a súa forza para arrastrar eses sedimentos. Ao principio formouse unha chaira intermareal, pero o Lérez atopou este obstáculo no seu camiño cara á ría de Pontevedra e buscou outra ruta alternativa, abrindo así unha canle pola dereita.[7]
A illa permaneceu en estado salvaxe ata 1997, cando se transformou nun parque.[8] Posteriormente levouse a cabo un proxecto de posta en valor deste espazo, coa creación de obras de arte contemporánea interrelacionadas coa paisaxe por parte de 12 artistas de renome internacional,[9],[10] que tomaron como tema central o granito de Galicia e a relación do home coa súa contorna. Trátase do exemplo máis importante de land art, unha tendencia da arte contemporánea, en Galicia. O proxecto inaugurouse oficialmente o 29 de xullo de 1999.[11]
En 2008 a comunidade de montes de Lérez levou a cabo unha talla da maioría dos eucaliptos que había, substituíndoos por árbores autóctonas.[12]
A illa, declarada espazo natural protexido,[13] ten case un quilómetro de lonxitude[14] e unha forma alongada. Conta cunha zona de xuncos, praderías, un camiño principal e camiños secundarios. Tres pontes de madeira cruzan a canle interior[15] e unha pasarela atirantada sobre o río Lérez conéctaa co paseo do Lérez. Na illa hai 12 esculturas de granito de artistas internacionais.
Á illa chegan as mareas e é utilizada por moitas aves como lugar de cría. É un espazo protexido declarado LIC (lugar de interese comunitario).[16] Situada ó carón do Campus Universitario de Pontevedra, a illa tamén é utilizada por moitas persoas como lugar de paseo ou de adestramento deportivo.
Os autores internacionais e as súas obras escultóricas presentes na illa son:[17][18][19]
Os artistas galegos e as súas obras son:[25]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.