artista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Dan Graham, nado en Illinois o 31 de marzo de 1942 e finado o 19 de febreiro de 2022[1] foi un artista estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Daniel Harry Ginsberg 31 de marzo de 1942 Urbana, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 19 de febreiro de 2022 (79 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Instalación, artes visuais e Arte conceptual |
Lugar de traballo | Nova York (1964–2013) |
Ocupación | escultor, artista conceptual, videoartista, artista de performance, artista visual, fotógrafo, xornalista, gravador, arquitecto, ensaísta |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte abstracta |
Movemento | Arte abstracta e Arte conceptual |
Representante | Hauser & Wirth (pt) , Lisson Gallery (en) , Electronic Arts Intermix (en) , Marian Goodman Gallery (en) e LIMA (en) |
Participou en | |
21 de xuño de 1997 | documenta x (en) |
13 de xuño de 1992 | Documenta IX (en) |
19 de xuño de 1982 | Documenta 7 (pt) |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
30 de xuño de 1972 | Documenta 5 (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, mediakunst.net (en) |
Nado en Illinois, Estados Unidos, foi criado principalmente en Nova Jersey.[2] A obra de Graham intégrase en movementos de arte moderna como minimalismo, arte conceptual e performances. Ademais, compuxo música rock, foi crítico de arte e arquitectura, escritor, escultor e foi colaborador de arquitectos e artistas.
Os seus Pavillons, en particular, foron ben aceptados e expostos por toda Europa e Xapón, como na Documenta 7 (1982) de Kassel e no parque de esculturas do Museo Kröller-Müller de 1985 (Two Adjacent Pavillions).
Con todo, Graham non recibiu nos Estados Unidos o recoñecemento que fixeron os seus amigos e contemporáneos Robert Smithson, Gordon Matta-Clark, Vito Acconci, Sol Lewitt, Carl Andre, Dan Flavin e moitos outros.
Dan Graham viviu e traballou en Nova York.
Na illa das Esculturas de Pontevedra hai unha obra súa exposta titulada 'Pirámide'. Segundo Antón Castro, comisario da mostra, esa peza é a única que non se fixo especificamente para a illa, senón que fora feita para a Bienal de Arte que se celebrou en 1988. Rematada a exposición, a Pirámide, realizada na Escola de Canteiros de Poio con granito rosa Porriño, foi precisamente para o concello do Porriño. Foi Antón Castro, de acordo co artista, o que a recuperou para integrala na exposición da illa das Esculturas en 1999.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.