Igrexa católica latina
Igrexa particular sui iuris, a maior das igrexas particulares católicas, orixinaria de Occidente / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Igrexa católica latina, ou Igrexa católica de rito latino, é a maior igrexa particular autónoma da Igrexa católica. Trátase dunha igrexa particular das 23 que existen, englobándose as 22 restantes baixo a denominación de Igrexas católicas orientais.
Datos rápidos Igrexa Latina Ecclesia Latina, Historia ...
Igrexa Latina Ecclesia Latina | |
---|---|
Historia | |
Fundación | Século I en provincia romana de África |
Motivo | Extensión do cristianismo nas áreas de lingua latina do Imperio Romano |
Escisións | Protestantismo, anglicanismo |
Parte de | Igrexa Católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Estrutura | Estruturada en dioceses (en 2009, 630 arquidioceses e 2.167 dioceses) |
Clasificación | |
Grupo | Catolicismo |
Orientación | Cristianismo occidental |
Demografía e cultura | |
Fieis | máis de 1 000 000 000 |
Países | Todos, agás Eritrea (Igrexa Católica Etíope); sen estrutura en países sen liberdade relixiosa |
Linguas litúrxicas | Latín, demais linguas vernáculas |
Ritos litúrxicos | Romano, ambrosiano, mozárabe, bracarense, cartuxo |
Outros datos | |
Sede central | Roma |
Páxina web | vatican.va |
Pechar
A Igrexa Latina xurdiu inicialmente na provincia romana de África, para despois estenderse a Roma e ás partes de lingua latina do Imperio Romano (Europa occidental e o norte de África). Nestas areas, dende a antigüidade clásica até o Renacemento, a lingua latina foi o principal idioma da educación e da cultura. Os diferentes ritos litúrxicos latinos que desenvolvéronse nesta área tamén empregan ou empregaron esta lingua.