Igrexa católica etíope
Igrexa particular metropolitana oriental, parte da Igrexa católica, estabelecida na Etiopía / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Igrexa católica etíope, antigamente coñecida como a Igrexa abisinia uniata, é unha Igrexa particular metropolitana oriental, parte da Igrexa católica. Estabelecida en 1930, os seus fieis son habitantes de Etiopía.
Para a Igrexa etíope non calcedoniana véxase: Igrexa etíope tewahedo.
Datos rápidos Historia, Fundación ...
Igrexa católica etíope | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1961 (erección da arquieparquía de Adís Abeba) |
Motivo | Volta á comuñón coa Igrexa católica de cristiáns etíopes |
Separada de | Igrexa etíope tewahedo |
Parte de | Igrexa católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Metropolita de Adís Abeba | Berhaneyesus Souraphiel |
Estrutura | Dividida en 7 eparquías |
Agrupacións | Congregación para as Igrexas orientais |
Clasificación | |
Grupo | Catolicismo |
Orientación | Cristianismo oriental |
Demografía e cultura | |
Fieis | 302.000 |
Países | Etiopía |
Linguas litúrxicas | lingua ge'ez |
Outros datos | |
Sede central | Adís Abeba |
Páxina web | ecs.org.et |
Pechar
Como as outras Igrexas católicas orientais, a Igrexa católica etíope está en plena comuñón coa Santa Sé. Acepta a doutrina cristolóxica do Concilio de Calcedonia e a xurisdición universal do Papa. Isto distínguea da Igrexa etíope tewahedo, a Igrexa ortodoxa oriental (non calcedoniana) á que pertencen a maioría dos cristiáns nestes dous países.
Comparte con ditas Igrexa o rito litúrxico alexandrino, empregando a lingua ge'ez como lingua litúrxica.