![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/Hokusai_portrait.png/640px-Hokusai_portrait.png&w=640&q=50)
Hokusai Katsushika
pintor, debuxante especialista de ’ukiyo-e, gravador e autor de escritos populares xaponeses do período Edo. / From Wikipedia, the free encyclopedia
Katsushika Hokusai (葛飾 北斎?), nado no distrito de Honjō o 12 de outubro de 1760 e finado en Toquio o 10 de maio de 1849, coñecido simplemente co nome de Hokusai (北斎), foi un pintor, debuxante especialista de ’ukiyo-e, gravador e autor de escritos populares xaponeses do período Edo. É un dos principais artistas desta escola coñecida como «pinturas do mundo flotante». [1]. A súa obra influíu en numerosos artistas europeos, especialmente en Gauguin e Van Gogh. Asinou ás veces os seus traballos, a partir de 1800, como Gakyōjin, « O louco do debuxo », así como cunha manchea de nomes: Shunro, Sori, Kako, Taito, Iitsu e Manji.[2]
![]() (1839) ![]() | |
Nome orixinal | (ja) 葛飾北斎 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de outubro de 1760 ![]() Honjo (en) ![]() ![]() |
Morte | 10 de maio de 1849 ![]() Asakusa (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Uraga (pt) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Xapón ![]() |
Grupo étnico | Pobo xaponés ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ukiyo-e, pintura, artes visuais, wood engraving technique (en) ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Edo ![]() |
Ocupación | pintor , gravador , deseñador , debuxante arquitectónico , artista visual , artista gráfico , artista de ukiyo-e , artista , xilógrafo , ilustrador , debuxante ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: 1808 ![]() |
Xénero artístico | Ukiyo-e e retrato ![]() |
Movemento | Xaponismo, Kasei culture (en) ![]() ![]() |
Profesores | Katsukawa Shunso ![]() |
Alumnos | Katsushika Taito II (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Lingua xaponesa ![]() |
Participou en | |
16 de xuño de 2007 | documenta 12 (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Cónxuxe | valor descoñecido (1797–), morte valor descoñecido (–década de 1790), morte |
Fillos | Katsushika Ōi (pt) ![]() ( ![]() Katsushika Tatsujo (pt) ![]() ( ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Foi autor dunha obra inmensa e variada. Por exemplo, no Hokusai Manga (北斎まんが, Hokusai Manga) (1814-1849),[3] mostra a vida diaria da súa poboación, cunha grande exactitude e sentido do humor.[4] Realizou gravados de paisaxes, as Trinta e seis vistas do monte Fuji (富嶽三十六景, Fugaku Sanjūroku-kei)(ca. 1830-1833)[5] e as Cen vistas do monte Fuji (1834),[4] que reflicten en parte unha fixación persoal co Monte Fuji. Foron obras desta serie, A grande onda de Kanagawa (神奈川沖浪裏, Kanagawa Oki Nami Ura) e Fuji en días claros (凱風快晴, gai kaze kaisei), as que aseguraron a fama de Hokusai, tanto dentro do Xapón como no estranxeiro.
A mediados do século XIX os seus gravados, así como os doutros artistas xaponeses, chegaron a París. Alí eran coleccionados, especialmente por parte de artistas impresionistas do talle de Vincent van Gogh, Claude Monet, Edgar Degas e Henri de Toulouse-Lautrec, cunha obra que denota unha profunda influencia dos gravados mencionados. O historiador Richard Douglas Lane dixo del e a súa obra:
En efecto, se hai un traballo que fixo o nome de Hokusai famoso, tanto no Xapón como no estranxeiro, debe ser esta serie de impresións monumental ...Lane, Richard (1978). Images from the Floating World, The Japanese Print.