Vincent Willem van Gogh (en neerlandés Vincent van Gogh (axuda · info) [ˈvɪnsɛnt fɑn'xɔx]), nado en Zundert o 30 de marzo de 1853 e finado en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890, foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo.[1] Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán máis novo Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente. A grande amizade entre eles está documentada nas numerosas cartas que intercambiaron desde agosto de 1872; das 800 cartas conservadas do pintor, unhas 650 están dirixidas a Theo e as outras a amigos e familiares.[2]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Vincent van Gogh |
Biografía |
---|
Nacemento | (nl) Vincent Willem Van Gogh 30 de marzo de 1853 Zundert, Países Baixos |
---|
Morte | 29 de xullo de 1890 (37 anos) Auvers-sur-Oise ()
|
---|
Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
---|
Lugar de sepultura | Auvers-Sur-Oise Communal Cemetery (en) , B 49°04′31″N 2°10′44″L tomb of Vincent and Theo van Gogh (en) |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Mosteiro de Saint-Paul de Mausole (pt) (1889–1890) Maison Van Gogh (en) (1879–1880) Cuesmes (en) |
---|
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
---|
Grupo étnico | Pobo neerlandés |
---|
Educación | Real Academia de Belas Artes de Anveres |
---|
Cor do pelo | Rubio |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Pintura |
---|
Lugar de traballo | Auvers-sur-Oise (1890–1890) Saint-Rémy-de-Provence (1889–1890) Arles (1888–1889) París (1886–1888) Anveres (1885–1886) Nuenen (en) (1883–1885) Van Gogh House (en) (1883–1883) Hoogeveen (pt) (1883–1883) A Haia (1881–1883) Etten-Leur (pt) (1881–1881) Bruxelas (1880–1881) Maison Van Gogh (en) (1879–1880) Borinage (pt) (1878–1879) Ámsterdam (1877–1878) Dordrecht (1877–1877) Ramsgate (1876–1876) París (1875–1876) Londres (1873–1875) A Haia (1869–1873) Tilburgo (pt) (1866–1868) Etten-Leur (pt) Emmen (pt) |
---|
Ocupación | pintor , debuxante , gravador |
---|
Empregador | Goupil & Cie (en) (1869–1873) |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Arte de paisaxes, Natureza morta, retrato, paisagem de cidade (pt) , vista interior, autorretrato e arte cristiá |
---|
Movemento | Postimpresionismo e Expresionismo |
---|
Catálogo crítico | L'Œuvre de Vincent van Gogh: catalogue raisonné (en) The New Complete Van Gogh: Fully revised and enlarged edition of the Catalogue raisonné (en) (6 de xullo de 1985) The Complete Van Gogh: Paintings, Drawings, Sketches (en) (1980) The Complete Paintings of van Gogh (en) (1977) The graphic work of Vincent van Gogh (en) (1995) |
---|
Profesores | Anton Mauve e Constantinus Cornelis Huysmans |
---|
Alumnos | Antoon Hermans |
---|
Influencias | |
---|
Lingua | Lingua neerlandesa e lingua francesa |
---|
Mecenas | Theo van Gogh |
---|
Participou en |
---|
|
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
|
Obra |
---|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Parella | Sien Hoornik Margot Begemann (pt) |
---|
Pais | Theodorus van Gogh (en) e Anna Cornelia van Gogh-Carbentus (pt) |
---|
Irmáns | Wil van Gogh (pt) , Theo van Gogh, Cor van Gogh, Elisabeth van Gogh e Anna Cornelia van Houten-van Gogh (pt) |
---|
Cronoloxía |
---|
|
23 de decembro de 1888 | automutilação (pt) : orelha esquerda (pt)
|
|
|
|
|
Pechar
Xa desde moi novo tivo inclinación cara ao debuxo e o seu primeiro traballo foi nunha empresa de marchantes de arte, viaxando entre A Haia, Londres e París. Despois ensinou durante un tempo en Inglaterra, en Isleworth e Ramsgate. Máis tarde converteuse en pastor protestante e en 1879, á idade de 26 anos, marchou como misioneiro a unha rexión mineira de Bélxica, onde comezou a debuxar á xente da comunidade local. En 1885 pintou a súa primeira grande obra Os comedores de patacas; nese momento a súa paleta compoñíase de tons sombríos de terra. A luz de cores vivas pola que é coñecido xurdiu en obras posteriores, cando se trasladou ao sur de Francia conseguindo a plenitude durante a súa estadía en Arles en 1888. Malia a calidade da súa obra, esta só foi recoñecida logo da súa morte e hoxe é considerado un dos grandes mestres da pintura. Tivo unha grande influencia na arte do século XX, especialmente entre os fauvistas e os expresionistas alemáns.[3] A súa arte foi seguida por Derain, Vlaminck e Van Dongen.[4]
Sufriu frecuentes gromos dunha enfermidade mental ao longo da súa vida, o que o levou a se producir unha ferida de bala que acabou coa súa vida á idade de 37 anos. Malia que existe unha tendencia xeral a especular que a enfermidade mental influíse na súa pintura, o crítico de arte Robert Hughes cre que as obras do artista están executadas cun completo control.[5]