Período Edo
período da historia do Xapón (1603-1868) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O período Edo (江戸時代, Edo jidai?), tamén coñecido como período Tokugawa (徳川時代, Tokugawa -jidai?) é unha división da historia do Xapón, que abrangue dende o 24 de marzo de 1603 até o 3 de maio de 1868.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O período delimita o goberno do shogunato Tokugawa ou Edo, que ademais foi estabelecido oficialmente en 1603 polo primeiro shōgun Tokugawa, Tokugawa Ieyasu. O período Edo rematou en 1868 coa restauración do goberno imperial por parte do 15º e derradeiro shōgun Yoshinobu Tokugawa. A fin do período Edo tamén se caracteriza polo comezo do período imperial.