Henry Jaynes Fonda, máis coñecido por Henry Fonda, nado en Grand Island, Nebrasca, o 16 de maio de 1905 e finado nos Ánxeles o 12 de agosto de 1982, foi un actor de cine e teatro estadounidense. Fillo de William Brace Fonda e de Herberta Krueger Jaynes. Fonda tiña antepasados neerlandeses, sendo o apelido Fonda orixinario de Frisia, unha rexión europea que se estende dende o norte dos Países Baixos ata o noroeste de Alemaña.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Henry Fonda |
Biografía |
---|
Nacemento | (en) Henry Jaynes Fonda 16 de maio de 1905 Grand Island, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Morte | 12 de agosto de 1982 (77 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | cardiopatía |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
---|
Educación | Universidade de Minnesota (pt) Omaha Central High School (en) |
---|
Altura | 185 cm |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Actuación, filme, teatro, Televisión e Produción de cinema |
---|
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
---|
Ocupación | actor de televisión , actor de teatro , produtor de televisión , actor , guionista , oficial da armada , apicultor , actor de cinema , produtor de cinema |
---|
Período de actividade | 1928 - 1981 |
---|
Partido político | Partido Demócrata |
---|
Xénero artístico | Western e Spaghetti Western |
---|
Lingua | Lingua inglesa |
---|
Representante | Music Corporation of America, Inc. |
---|
Carreira militar |
---|
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
---|
Rango militar | tenente (pt) |
---|
Conflito | Segunda guerra mundial |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Shirley Maye Adams (1965–) Afdera Franchetti (1957–1961) Susan Blanchard (1950–1956) Frances Ford Seymour (1936–1950), morte do cónxuxe Margaret Sullavan (1931–1933) |
---|
Fillos | Peter Fonda () Frances Ford Seymour (pt) Jane Fonda () Frances Ford Seymour (pt) |
---|
Pais | William Brace Fonda (en) e Elma Herberta Jaynes (en) |
---|
Premios |
|
|
Pechar
Era o patriarca dunha familia de actores, entre os que están os seus fillos Jane Fonda e Peter Fonda, e a súa neta Bridget Fonda.
Gañador dos premios Óscar, Globo de Ouro, BAFTA e Tony. O cineasta John Ford, cando nunha entrevista se lle preguntou que era o cine para el, contestou: "Vostede viu camiñar a Henry Fonda? Pois iso é o cine". Esta frase valería para resumir a carreira de Fonda, un deses mitos do cine que se foron forxando a base de talento puro e traballo.