From Wikipedia, the free encyclopedia
Henrique III de Trastámara, chamado o Doente, nado en Burgos o 4 de outubro de 1379 e finado en Toledo o 25 de decembro de 1406, foi rei da Coroa de Castela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1379 Burgos, España |
Morte | 25 de decembro de 1406 (27 anos) Toledo, España |
Lugar de sepultura | Capilla de los Reyes Nuevos (Catedral de Toledo) (en) |
Monarca de Castela e León | |
9 de outubro de 1390 – 25 de decembro de 1406 | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Príncipe de Asturias (1388–) Rei de León Rei de Galicia Señor de Biscaia Señor de Molina Rei de Castela |
Familia | Casa de Trastámara |
Cónxuxe | Catarina de Lancaster (1388, 1388 (Gregoriano)–1406) |
Fillos | María de Castela, Catarina de Castela e Lancaster, Xoán II de Castela |
Pais | Xoán I de Castela e Leonor de Aragón e de Sicilia |
Irmáns | Fernando I de Aragón Miguel de Castela e Leão |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Era fillo de Leonor de Aragón e Xoán I, ó que sucedeu como rei de Castela en 1390.
Antes de ser elevado ó trono ostentou o título de Príncipe de Asturias, sendo o primeiro en ostentar dito título. Asumiu o poder efectivo o 2 de agosto de 1393, con 13 anos, logo dun tumultuoso período de cambios na rexencia. Puido pacificar á nobreza e restaurar o poder real, apoiándose nos nobres de segunda fila e desprazando así ós seus parentes máis poderosos (como Afonso Henríquez e Leonor de Navarra). Derrogou privilexios antes concedidos ás Cortes, como a alcabala e o dereito a asistir ó Consello Real. Impulsou a figura dos corrixidores nas cidades, e saneou a economía do Reino. Reduciu as persecucións contra os xudeus, promulgando varios editos contra a violencia, que fora particularmente grave en 1391.
Durante o seu reinado a frota castelá obtivo varias vitorias contra os ingleses. En 1400 enviou unha frota de guerra que destruíu a base pirata de Tetuán, na África do Norte. En 1402 comezou a colonización das Illas Canarias, enviando ó explorador francés Jean de Béthencourt. Detivo unha invasión portuguesa iniciada en 1396 cun ataque a Badaxoz, consolidando finalmente a paz co acordo firmado con Xoán I de Portugal o 15 de agosto de 1402. Apoiou as pretensións pontificias de Bieito XIII e retomou a campaña contra Granada, atinxindo unha importante vitoria en Collejares, cerca de Úbeda (1406), aínda que non puido completala porque lle sobreveu a morte. Tamén enviou a dúas embaixadas ante Tamerlán, a primeira encabezada por Hernán Sánchez de Palazuelos e a segunda por Ruy González de Clavijo. Desta segunda quedou a relación da viaxe escrita na Embajada a Tamorlán.
En 1388, en virtude do tratado de Baiona, casou con Catarina de Lancaster, filla de Xoán de Gante, duque de Lancaster, e de Costanza de Castela, polo tanto descendente de Pedro I o Cruel. Isto permitiu culminar o conflito dinástico, afianzar a Casa de Trastámara, e establecer a paz entre Inglaterra e Castela. Desta unión naceron dous fillos:
Coa súa saúde afectada, nos seus últimos anos delegara parte do poder efectivo no seu irmán Fernando de Antequera, que sería rexente durante a minoría de idade de Xoán II.
Faleceu en Toledo cando preparaba unha campaña contra o reino de Granada. Foi soterrado na Capela de Reis Novos da catedral toledana.
Henrique III de Castela Nacemento: 4 de outubro 1379 Falecemento: 1406
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Xoán I |
Rei de Castela, Toledo, Galiza, León, Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén e Alxeciras 1390-1406 |
Sucedido por Xoán II |
Outros títulos Nobiliarios | ||
Precedido por Novo Título |
Príncipe de Asturias 1388-1390 |
Sucedido por Xoán II |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.