médico francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Guillaume Rondelet, coñecido tamén como Rondeletius e como Rondellet, como el mesmo escribiu ás veces,[1] nado o 27 de setembro de 1507 en Montpellier,[2] e morto o 30 de xullo de 1566 na vila de Réalmont (hoxe no departamento de Tarn, rexión de Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos, Francia), foi un médico e naturalista francés, célebre polos seus traballos sobre os peixes, por formar en medicina a numerosos alumnos, logo médicos famosos, e por ser un destacado taxonomista prelinneano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1507 Montpellier, Francia |
Morte | 30 de xullo de 1566 (58 anos) Réalmont, Francia |
Causa da morte | disentería |
Educación | College of Sorbonne (en) Universidade de París Facultade de Medicina de Montpellier |
Director de tese | Johann Winther |
Actividade | |
Ocupación | botánico, profesor universitario, ictiólogo, médico, anatomista |
Empregador | Universidade de Montpellier |
Profesores | Johann Winther |
Alumnos | Jacques Daléchamps (pt) , Mathias Lobelius (pt) e Felix Platter (pt) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Rondelet |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, Medvik >>>:Rondelet, Guillaume, 1507-1566, |
Fillo dun comerciante, un aromatarius, título que se corresponde con tres profesións de hoxe en día: tendeiro, drogueiro e farmacéutico.[1] Seu pai morreu cando Rondelet era aínda un neno. O porvenir deste neno era ben sombrío, xa que o seu pai, que tiña unha nomerosa familia, destinábao ao estado eclesiástico, e lle legou moi pouco diñeiro; por outra parte, a familia colocouna na casa dunha muller afectada dunha enferminade venérea que o contaxiou.[2] A súa saúde sería débil durante toda a súa xuventude.[3]
O relevo foi xenerosamente tomado polo seu irmán máis vello Albert, que apoiou os seus estudos. Pero cando Rondelet chega a París, en 1525, con 18 anos, era aínda moi ignorante; lle levara moito tempo apreder a ler e escribir porque os seus mestres foran moi malos.[3] Pero en París emprende os seus altos voos. Regresou a Montpellier en 1529 e matriculouse en medicina na súa Universidade. Un ano máis tarde foi nomeado procurador dos escolares; foi a este título no que recibiu a inscrición de Rabelais.[4] Rabelais e Rondelet compartiron quizais algunha botella (pero Rondelet, temendo á gota, renunciou ao viño aos 25 anos).[5] En calquera caso compartiron, con Guillaume Pellicier, o recentemente redescuberto garum,[5][6] e fixéronse amigos.[7] Foi tamén debido a ese título de procurador dos estudantes polo que recibiu a orde de dar de baixa a Michel de Notre-Dame (Nostradamus), que fora boticario e que calumniaba aos médicos.[8][9]
Obtido o título de bacharel, Rondelet exerceu en Pertuis, na Provenza, completando os seus ingresos dando clases a nenos.[10] Axiña regresou a París, a estudar anatomía e grego, coa axuda do seu irmán Gilbert.[10]
Johann Winter von Andernach introduciuno na arte, daquela pouco practicada, da disección.[11]
Logo practicou en Maringues, na Auvernia, e recibiu o título de doutor en Medicina en 1537, en Montpellier. Casou no mes de xaneiro do ano seguinte. A súa cuñada atende tan xenerosamente as necesidades da parella que impide que Rondelet busque o seu sustento co seu amigo Pellicier, que chegara a ser embaixador en Venecia. Foi nesta época na que se sitúa o episodio, que suscitou moitos malentendidos, no que o seu fillo máis vello morreu, e el fíxolle a disección.
Rondelet foi o médico particular do cardeal de Tournon (Savoia) ao que acompañou en diferentes viaxes, especialmente a Italia e aos Países Baixos.
Tras a morte de Pierre Laurent obtivo unha cátedra na facultade de Medicina de Montpellier, desde a cal influíu sobre moitos científicos da súa época, e noutros posteriores, como o Padre Sarmiento, que o chamaba o cabaleiro Rondelecio. Participou activamente na construción dun anfiteatro na facultade que mandou construír Henrique II de Francia. Este anfiteatro, tan renacentista, permitiu a Rondelet facer as súas demostracións coa disección de numerosos cadáveres. Converteuse, en 1556, en reitor da facultade tras a morte de Jean Schyron. Incluso sen ter publicado ningunha obra de botánica curativa, exerceu neste dominio unha influencia considerábel.
Pero o seu Libri de Piscibus Marinis. Histoire des poissons (Historia dos peixes), foi o que lle deu o maior renome. Nel describiu 244 especies do Mediterráneo, ao tempo que criticaba os textos antigos polos seus erros. Rexeitou todo o que podía parecer ser unha fábula. As ilustracións, xilografadas, permitían recoñecer perfectamente as diferentes especies.
Runiuse especialmente con Ulisse Aldrovandi, e foi o mestre de Jean e Gaspard Bauhin, de Conrad Gessner, de Charles de l'Écluse, de Léonard Rauwolf, de Mathias de l'Obel —Rondelet legoulle os seus manuscritos—, de Jacques Daléchamps, ou de Pierre Richer de Belleval.
Foi o modelo do personaxe do doutor Rondibilis no libro Tiers livre de François Rabelais (1483 ou 1494-1553).
Entre as obras que publicou, destacan:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.