![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ed/Zhou_Guanyu_at_the_2022_Austrian_Grand_Prix.jpg/640px-Zhou_Guanyu_at_the_2022_Austrian_Grand_Prix.jpg&w=640&q=50)
Guanyu Zhou
From Wikipedia, the free encyclopedia
Guanyu Zhou (chinés simplificado: 周冠宇; pinyin: Zhōu Guànyǔ), nado o 30 de maio de 1999, é un piloto de carreiras chinés que compite como piloto de Alfa Romeo desde o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022. Competiu no Campionato FIA de Fórmula 2 para UNI-Virtuosi Racing de 2019 a 2021, despois de ter terminado terceiro na campaña 2021. Forma parte da Academia Alpine, e serviu como piloto de probas para o Renault F1 Team e o Alpine F1 Team en 2020 e 2021 respectivamente.[1][2][3] Antes diso, foi membro da Ferrari Driver Academy de 2014 a 2018, e serviu como piloto de desenvolvemento do equipo de Fórmula E DS Techeetah en 2018.[4][5]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/96/Guanyu_Zhou_ADAC_Formel_4_2015_Spa.jpg/640px-Guanyu_Zhou_ADAC_Formel_4_2015_Spa.jpg)
![]() (2022) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1999 ![]() Shanghai, República Popular da China ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Popular da China ![]() |
Educación | Birkdale School (en) ![]() ![]() |
Peso | 65 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Formula Two driver (en) ![]() ![]() |
Nacionalidade deportiva | República Popular da China ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Páxina web | zhou-guanyu.com… ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Zhou comezou a súa carreira nos monoprazas en 2015, competindo no Campionato Italiano de F4 e no ADAC Formula 4 con Prema Racing. Despois de ter éxito no Campionato Italiano de F4, pasou ao Campionato de Europa de Fórmula 3 con Motopark no 2016.[6]