Grumman
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Grumman Aircraft Engineering Corporation, despois Grumman Aerospace Corporation, foi un produtor estadounidense de avións militares e civís.[1] Fundada o 6 de decembro de 1929 por Leroy Grumman e os seus socios, a compañía fusionouse en 1994 con Northrop Corporation para formar Northrop Grumman.
Grumman | |
---|---|
Fundación | 6 de decembro de 1929 |
Localización | Bethpage, New York |
Fundador | Leroy Grumman Edmund Ward Poor William T. Schwendler Jake Swirbul |
[ editar datos en Wikidata ] |
Leroy Grumman comezou a traballar en 1920 na Loening Aircraft Engineering Corporation. En 1929 Keystone Aircraft Corporation mercou Loening Aircraft e trasladou as súas operacións dende a cidade de Nova York a Bristol, Pennsylvania. Grumman e outros tres ex-empregados de Loening Aircraft[2] (Edmund Ward Poor, William Schwendler e Jake Swirbul) fundaron a súa propia compañía nunha antiga fábrica de Cox-Klemin Aircraft Co. en Baldwin, en Long Island, Nova York.
A compañía foi rexistrada o 6 de decembro de 1929 e comezou a traballar oficialmente o 2 de xaneiro de 1930. Mentres mantiña o negocio soldando tubos de aluminio para bastidores de camións, a empresa perseguiu con ansia contratos coa Armada dos Estados Unidos.[2] Grumman deseñou os primeiros flotadores prácticos cun tren de aterraxe retráctil para a Armada, e isto lanzou a Grumman ao mercado da aviación. O primeiro avión Grumman tamén foi para a Armada, o Grumman FF-1, un biplano con tren de aterraxe retráctil desenvolvido en Curtiss Field en 1931. A eo seguíronlle outros deseños exitosos.[2]
Durante a segunda guerra mundial, Grumman fíxose coñecida polos seus "Cats" (cazas da Armada): o F4F Wildcat, o F6F Hellcat,o F7F Tigercat e o Grumman F8F Bearcat,[3] e tamén polos seus torpedeiro Grumman TBF Avenger. Grumman ocupou o posto 22 entre as corporacións dos Estados Unidos no valor dos contratos de produción en tempo de guerra.[4]
O primeiro avión a reacción de Grumman foi o F9F Panther, seguido polo F9F/F-9 Cougar actualizado e o F-11 Tiger nos anos 50. Os grandes éxitos da posguerra da compañía chegaron na década de 1960 co A-6 Intruder e o E-2 Hawkeye e na década de 1970 co EA-6B Prowler e o F-14 Tomcat. Os produtos de Grumman foron destacados en varias longametraxes, incluíndo The Final Countdown en 1980,[5] Top Gun en 1986 e Flight of the Intruder en 1990.[6] A Armada dos Estados Unidos aínda emprega o Hawkeye como parte das súas Ás Aéreas Embarcadas a bordo de portaavións, mentres que o Prowler voou ata 2019 co Corpo de Marines.[7] Grumman foi o contratista principal do Módulo Lunar Apollo, a primeira nave espacial en levar humanos á Lúa. A empresa recibiu o contrato o 7 de novembro de 1962 e construíu 13 módulos lunares. Seis deles aterraron con éxito na Lúa, un deles serviu como bote salvavidas no Apollo 13, despois de que unha explosión paralizara o módulo de servizo da nave Apollo. O LM-2 (Módulo Lunar 2), un artigo de proba que nunca voou no espazo, móstrase permanentemente na Smithsonian Institution.[8] Cando o programa Apollo chegaba ao seu fin, Grumman foi un dos principais competidores para o contrato para deseñar e construír o transbordador espacial, pero perdeu ante Rockwell International.[9]
En 1969 a compañía cambiou o seu nome polo de Grumman Aerospace Corporation,[10] e en 1978 vendeu Grumman-American Division a Gulfstream Aerospace.[11] Ese mesmo ano mercou o fabricante de autobuses Flxible. A compañía construíu o Grumman LLV (Long Life Vehicle), un camión de correo lixeiro deseñado e utilizado polo Servizo Postal dos Estados Unidos. O LLV foi producido dende 1987 ata 1994. A súa vida útil prevista era de 24 anos, pero algúns deles aínda estaban en servizo en 2020.[12] En 1983 Grumman vendeu Flxible por 40 millóns de dólares a General Automotive Corporation de Ann Arbor.[13]
Nos anos 50 Grumman comezou a produción de avións executivos Gulfstream, comezando co turbohélice Gulfstream I (Grumman model G-159) e o reactor Gulfstream II (Grumman model G-1159). Os avións Gulfstream foron operados por moitas empresas, particulares e axencias gobernamentais, incluíndo varias entidades militares e a NASA. Ademais, o Gulfstream I foi operado por varias compañías aéreas rexionais en servizos regulares de pasaxeiros. A versión Gulfstream I-C (Grumman model G-159C) foi "alongada" para levar 37 pasaxeiros.
A principios dos 70 Grumman adquiriu a participación maioritaria na liña de avións moi lixeiros de American Aviation, reetiquetado os seus avións como "Grumman-American" ou "Grumman American", uníndose a ela finalmente coa súa división Gulfstream antes de vender esa empresa combinada en 1978.
En 1978 Grumman vendeu Gulfstream a American Jet Industries, que adoptou o nome de Gulfstream. Dende 1999 Gulfstream é unha subsidiaria totalmente propiedade de General Dynamics.[14]
No ano 1994 Grumman fusuionouse con Northrop Corporation para formar a empresa de tecnoloxía aeroespacial e de defensa Northrop Grumman.[15]
Nome do modelo | Primeiro voo | Fabricados | Tipo |
---|---|---|---|
Grumman FF | 1931 | 116 | Caza naval cun motor de pistóns |
Grumman JF Duck | 1933 | 48 | Hidroavión de observación cun motor de pistóns |
Grumman F2F | 1933 | 55 | Caza naval cun motor de pistóns |
Grumman F3F | 1935 | 147 | Caza naval cun motor de pistóns |
Grumman XSBF | 1936 | 1 | Prototipo de bombardeiro en picado cun motor de pistóns |
Grumman J2F Duck | 1936 | 254 | Hidroavión de observación cun motor de pistóns |
Grumman G-21 Goose | 1937 | 345 | Hidroavión bimotor de pistóns |
Grumman F4F Wildcat | 1937 | 2 605 | Caza naval cun motor de pistóns |
Grumman G-44 Widgeon | 1940 | 276 | Hidroavión bimotor de pistóns |
Grumman XF5F Skyrocket | 1940 | 1 | Prototipo de caza bimotor naval de pistóns |
Grumman XP-50 | 1941 | 1 | Prototipo de caza bimotor de pistóns |
Grumman TBF Avenger | 1941 | 2 290 | Torpedeiro cun motor de pistóns |
Grumman F6F Hellcat | 1942 | 12 275 | Caza naval cun motor de pistóns |
Grumman F7F Tigercat | 1943 | 364 | Caza bimotor naval de pistóns |
Grumman G-63 Kitten I | 1944 | 1 | Prototipo de avión lixeiro cun motor de pistóns |
Grumman G-72 Kitten II | 1944 | 1 | Prototipo de avión lixeiro cun motor de pistóns |
Grumman F8F Bearcat | 1944 | 1 265 | Caza naval cun motor de pistóns |
Grumman G-65 Tadpole | 1944 | 1 | Prototipo de avión anfibio lixeiro |
Grumman AF Guardian | 1945 | 389 | Avión de guerra antisubmarina |
Grumman G-73 Mallard | 1946 | 59 | Hidroavión bimotor |
Grumman HU-16 Albatross | 1947 | 466 | Hidroavión bimotor |
Grumman F9F Panther | 1947 | 1 382 | Caza naval monomotor a reacción |
Grumman F9F-6 Cougar | 1951 | 1 988 | Caza naval monomotor a reacción |
Grumman XF10F Jaguar | 1952 | 1 | Prototipo de caza naval monomotor a reacción |
Grumman S-2 Tracker | 1952 | 1 184 ou 1 185 | Avión de guerra antisubmarina bimotor |
Grumman F11F Tiger | 1954 | 200 | Caza naval monomotor a reacción |
Grumman C-1 Trader | 1955 | 87 | Avión de carga bimotor |
Grumman F11F-1F Super Tiger | 1956 | 1 | Prototipo de caza naval monomotor a reacción |
Grumman E-1 Tracer | 1956 | 88 | Sistema aéreo de alerta e control embarcado |
Grumman G-164 Ag Cat | 1957 | 402[16] | Avión agrícola monomotor |
Grumman G-159 Gulfstream I | 1958 | 200 | Executivo turbohélice |
Grumman OV-1 Mohawk | 1959 | 380 | Avión de observación |
Grumman A-6 Intruder | 1960 | 693 | Reactor de ataque bimotor |
Grumman E-2 Hawkeye | 1960 | 122 | Sistema aéreo de alerta e control embarcado |
Grumman C-2 Greyhound | 1964 | 56 | Avión de carga bimotor |
General Dynamics–Grumman F-111B | 1965 | 7 | Prototipo de caza naval a reacción |
Grumman G-1159 Gulfstream II | 1966 | 256 | Bimotor executivo a reacción |
Grumman EA-6B Prowler | 1968 | 170 | Avión de guerra electrónica |
Grumman F-14 Tomcat | 1970 | 712 | Caza naval a reacción |
Grumman American GA-7 Cougar | 1974 | 115 | Avión lixeiro bimotor |
General Dynamics–Grumman EF-111A Raven | 1977 | 42 | Avión de guerra electrónica |
Grumman X-29 | 1984 | 2 | Reactor monomotor experimental |
Grumman XJL | N/A | 3 | Hhidroavión de observación |
Grumman American AA-1 | 1 820 | Avión lixeiro monomotor | |
Grumman American AA-5 | 3 282 | Avión lixeiro monomotor | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.