From Wikipedia, the free encyclopedia
Northrop Grumman Corporation é unha compañía estadounidense adicada á industria aeroespacial e a defensa formada no ano 1994 despois de que Northrop mercase Grumman. A compañía foi o cuarto maior contratista do mundo no ano 2010, e o principal construtor de barcos militares. Northrop Grumman emprega a máis de 70.000 persoas en todo o mundo e foi o número 108 na lista do 2020 Fortune 500 das maiores corporacións estadounidenses.[1] A súa sede atópase en Falls Church, Virginia.
Northrop Grumman | |
---|---|
Tipo | pública |
Fundación | 1994 |
Localización | Falls Church, Virginia, Estados Unidos |
Persoas clave | Wesley G. Bush (presidente e CEO) |
Industria | aeroespacial e defensa |
Produtos | portaavións avións militares barcos militares sistemas de defensa de mísiles satélites tectonoxía de información sensores e sistemas electrónics avanzados |
Número de empregados | 72.500 |
Na rede | |
https://www.northropgrumman.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Northrop Grumman e os seus socios gañaron o Collier Trophy oito veces, a máis recente polo desenvolvemento do X-47B, o primeiro sistema aéreo non tripulado e autónomo operado dende un portaavións.[2] En 2004 a súa filial Scaled Composites gañou o trofeo polo SpaceShipOne, o primeiro vehículo espacial construído e voado con financiamento privado.[2]
No presente Northrop Grumman lidera o desenvolvemento do B-21 Raider, un bombardeiro estratéxico furtivo de longo alcance que pode lanzar armas convencionais e nucleares; substituirá ao Northrop B-2 Spirit, o único bombardeiro furtivo coñecido do mundo. Entre os seus outros proxectos actuais esá o desenvolvemento e produción do telescopio espacial James Webb, un observatorio orbital cuxo lanzamento está programado para 2021; e a fabricación dos foguetes lanzadeiro do programa Space Launch System da NASA. Foi ademais a ínica compañía que presentou unha oferta para o programa da USAF Ground Based Strategic Deterrent, que ten como obxectivo desenvolver e fabricar un novo mísil balistico intercontinental.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.