Os gorilas[1] constitúense como o epónimo do genus Gorilla, sendo os maiores primates existentes por tamaño. Son animais herbívoros que habitan as selvas tropicais de África central. O xénero está dividido en dúas especies, e de catro a cinco subespecies segundo os zoólogos. O ADN dos gorilas é moi semellante ao do ser humano, cunha coincidencia do 95–99%. Isto fai dos gorilas un dos primates vivos máis próximos do ser humano, despois dos bonobos e os chimpancés.[2]
Gorila | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto de Gorilla gorilla. . (Gorilla gorilla) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
'Gorilla gorilla' (Savage, 1847) | |||||||||||||||||||
Área de distribución dos gorilas. En cor laranxa o Gorilla gorilla e en cor amarela o Gorilla beringei. | |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O hábitat natural dos gorilas é o bosque chuvioso de zonas tropicais e subtropicais. Malia que a súa área de distribución abrangue unha pequena porcentaxe de África, os gorilas distribúense nunha gran variedade de altitudes. Os Gorilla beringei beringei habitan bosques entre os 2.225 e os 4.267 m, mentres que pola súa banda, o Gorilla gorilla mora en selvas densas e pantanos das terras baixas até o nivel do mar.
Etimoloxía
O físico e misioneiro americano Thomas Staughton Savage e o naturalista Jeffries Wyman foron os primeiros en describir o Gorilla gorilla, que eles chamaron Troglodytes gorilla en 1847 a partir de espécimes obtidos de Liberia.[3] O nome foi derivado do grego Γόριλλαι (Gorillai), que significa "tribo de mulleres peludas" [4]. Este nome foi dado polo cartaxinés Hannón o Navegante, quen posibelmente visitou a área que hoxe se coñece como Serra Leoa cara ao ano -480.[5]
Clasificación
Até hai pouco, considerábase que o gorila era unha única especie con tres subespecies: o Gorilla gorilla, o Gorilla beringei e o Gorilla beringei beringei. Na actualidade, o gorila está dividido en dúas especies, divididas á súa vez en dúas subespecies cada unha. Máis recentemente, tense afirmado a existencia dunha terceira subespecie de Gorilla beringei, a cal non recibiu unha denominación latina completa. Coñécese como Gorilla beringei beringei de Bwindi.
Debido á falta de consenso, os científicos continúan estudando as relacións entre as diferentes especies de gorila. Deseguido aparece a clasificación coas catro subespecies, que é a que conta co maior consenso científico:[6]
Comportamento e ecoloxía
Os gorilas desprázanse xeralmente a catro patas. As súas extremidades anteriores son máis longas que as posteriores e aseméllanse a brazos, aínda que son utilizadas tamén como punto de apoio ao camiñar. Os machos miden entre 1,65 e 2 m de altura, e pesan entre 170 e 250 kg. As femias pesan arredor da metade do que os machos.
O gorila é unha especie en perigo e foi branco de cazadores furtivos durante longos períodos de tempo. As ameazas á supervivencia dos gorilas inclúen a destrución do seu hábitat e a cacería. Esta última incrementouse cos conflitos armados nos países en que habita, e tamén por un crecente interese polas "carnes exóticas". Na actualidade, estímase que hai arredor de 100.000 Gorilla gorilla gorilla en liberdade e 4.000 en zoos. Pola súa banda, o Gorilla beringei graueri rolda os 4.000 individuos en liberdade e 24 en catividade. En novembro de 2012, estimábase que a poboación total de Gorilla beringei beringei ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o Gorilla beringei beringei segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.[7]
Folerpa de Neve foi o único caso de gorila albino que se coñece até o momento presente. Calcúlase que naceu sobre 1964 e faleceu en Barcelona en 2003.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.