Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gorilla beringei beringei é unha das dúas subespecies do Gorilla beringei. A súa área de distribución está dividida en dúas poboacións separadas. Unha delas localízase nas Montañas Virunga de África Central, que abranguen tres parques nacionais: o Parque Nacional do gorila de Mgahinga de Uganda; o Parque Nacional dos Volcáns en Ruanda e o Parque Nacional de Virunga na República Democrática do Congo. A outra atópase no Parque Nacional Impenetrábel de Bwindi. Algúns científicos cren que a poboación de Bwindi constitúese como unha subespecie separada dentro do Gorilla beringei.[1] Esta poboación representa aproximadamente a metade da poboación de Gorilla beringei beringei. En novembro de 2012, estimábase que a poboación total de Gorilla beringei beringei ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o Gorilla beringei beringei segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.[2]
Gorilla beringei beringei | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Crítico | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Gorilla beringei beringei (Matschie, 1914) | |||||||||||||||||
Área de distribución (en cor azul). |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.