From Wikipedia, the free encyclopedia
O gato bravo, ou gato montés,[1][2] Felis silvestris silvestris, é un mamífero placentario da orde dos carnívoros e familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico. Recibe tamén os nomes de gato do monte,[3] e gato fero.[3][4]
Felis silvestris silvestris Gato bravo euroasiático, gato montés euroasiático | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gato montés europeo (Felis silvestris silvestris) | |||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Distribución de Felis silvestris silvestris en Galicia |
Felis silvestris silvestris é unha das das seis subespecies que na actualidade se recoñecen dentro da especie Felis silvestris.[5]
A subespecie Felis silvestris silvestris é a que habita en case toda Europa; Felis silvestris cretensis está restrinxida á illa de Creta,[6] e Felis silvestris lybica é a propia de África.[7]
A subespecie foi descrita en 1775 polo médico, botánico e zoólogo alemán Johann Christian Daniel von Schreber, nun traballo publicado en Die Säugethiere.[8]
Como xa se mencionou, o gato bravo é moi semellante ao gato doméstico, as diferenzas máis características son: o gato bravo é meirande có gato común, máis rexo, cunha cola grosa e peluda. A cabeza é máis larga, as orellas son pequenas e os ollos de cor ámbar ou averdada. A pelaxe agrisada, algo parda, con raias escuras por todo o corpo menos no ventre, que é de cor branca pardusca, ás veces con manchas negras.
A lonxitude da cabeza e do corpo está entre os 50 cm e os 80, e o rabo mide sobre os 25 cm e os 35. O seu peso é de 5 a 10 kg.
O gato bravo ten unha media de vida entre os 6 e 12 anos.
O gato bravo é un animal nocturno e solitario. Habita nos bosques e montes.
É un animal carnívoro, que se alimenta de roedores, paxaros, anfibios, réptiles e algúns insectos. Estímase que ten unhas necesidades alimenticias duns 500 gramos ao día.
O gato bravo aparéase entre febreiro e marzo, é polígamo, polo que unha femia pode ser apareada por varios machos.
A xestación dura entre 63 e 69 días, e en abril ou maio comeza a época de parto, a femia dá a luz no interior do tobo a unha camada de entre 1 a 8 cachorros, aínda que o habitual é de 3 a 4. Os gatiños ao naceren non abren os ollos ata os 10-12 días, e son amamantados durante 4 semanas. Aos 3-4 meses independízanse, aínda que seguen cazando coa nai unha temporada. Aos 10 meses alcanzan a madureza sexual, podéndose reproducir na seguinte temporada de celo.
En Europa o gato bravo está considerada unha especie en risco, unha das causas é que se está a mesturar co gato común.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.